De: asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de fevereiro de 2008 12:05
Asunto: REIVINDICACIÓN URBASER
A Asociación Veciñal O ROSARIO- INFERNIÑO , mantivemos unha reunión co COMITÉ DE EMPRESA da empresa URBASER co fin de nos explicar as súas demandas laborais.
Apuntamos que contra a crenza popular de poder ter salarios recoñecidos ou soldos altos, os traballadores confirman que traballan con salarios baixos non chegando a ser "mileuristas" en varios casos.
XUNTANZA COS REPRESENTANTES DO COMITE DE EMPRESA DE URBASER S.A.
Ferrol, a 20 de febreiro de 2008.
A Xunta Directiva da Asociación Veciñal O Rosario – Inferniño quer informar que o día de onte mantivo unha entrevista con representantes do Comité de Empresa de URBASER S.A.
Os representantes dos traballadores da nomeada empresa convocaron dita entrevista coa finalidade de informar a esta Xunta Directiva, dentro da rolda de entrevistas que ten previsto realizar con representantes de todas as asociacións veciñais da cidade, da situación na que se atopa a negociación do Convenio Colectivo da empresa.
Os representantes sindicais expresaron a súa preocupación ante a FALTA DE DIALOGO que, ate o momento, amosou a Dirección de Urbaser, xa que non parece disposta a sentarse a negociar o novo Convenio coa PLATAFORMA DE REPRESENTACIÓN formada por tres das catro Centrais Sindicais presentes no Comité, que contan co apoio maioritario da Asemblea de Traballadores e da maioría dos membros do Comité.
Os traballadores quixeron manifestarnos, de xeito resumido, cales son as reivindicacións básicas deste novo Convenio, coa finalidade de que a veciñanza teña información clara e non sexa intoxicada con falsas especulacións. Así informaron que reclaman, entre outras medidas: no ámbito salarial a EQUIPARACIÓN COA MEDIA SALARIAL DOS TRABALLADORES DAS EMPRESAS DE LIMPEZA DAS SETE CIDADES MAIS IMPORTANTES DE GALIZA (segundo manifestan son os que perciben o salario menor de todas, sendo incluso un 30% inferior aso traballadores de Urbaser en Lugo), no ámbito laboral solicitan A PROMOCIÓN INTERNA DOS TRABALLADORES COMO FORMA DE OCUPAR TODAS AS CATEGORIAS LABORAIS, e non a contratación externa a dedo para ocupar os postos superiores. Solicitan tamén QUE NON SE PERDAN CERTOS DEREITOS XA CONSEGUIDOS NO CONVENIO COLECTIVO APROBADO NO ANO 2005 e que a empresa de xeito unilateral pretende recortar.
A Xunta Directiva desta Asociación considera que un conflito colectivo neste sector é sempre moi prexudicial para a veciñanza, polo que APOIA AS DEMANDAS DE DIALOGO DOS REPRESENTANTES DOS TRABALLADORES E SOLICITA DA DIRECCIÓN DA EMPRESA URBASER S.A. que ESGOTE TODAS AS VÍAS DE DIALOGO POSIBLE COS REPRESENTANTES DOS TRABALLADORES EN EVITACIÓN DUN POSIBLE CONFLITO COLECTIVO.
Así mesmo e, como queira que a citada empresa realiza un servizo público en réxime de concerto para o Concello de Ferrol, EISIXIMOS dos responsables municipais que, si fose necesario, medien na negociación que se propón e garanta unhas condición laborais dignas para uns traballadores que prestan un servizo esencial para a cidadanía, evitando as graves consecuencias que sempre comporta un conflito laboral neste sector.
Esta Xunta Directiva tamén quer facer público o seu total apoio e aplauso a esta iniciativa do Comité de Empresa de Urbaser, na que fai partícipe ao movemento veciñal, e por extensión a toda a veciñanza, dunha situación que pode desembocar nun problema que padeceriamos todas e todos e o fai antes de que o mesmo se produza.
O SECRETARIO.-
Pedro CACHAZA PEREIRO
O PRESIDENTE.-
Xosé Manuel SANXOAN CAAMAÑO
--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Denúncia
O Inferniño
O Comité de Empresa de URBASER, concesionaria da limpeza e recollida de lixo de Ferrol, informa á veciñanza do Inferniño sobre a súa situación laboral
xoves, febreiro 21, 2008
O Comité de Empresa de URBASER, concesionaria da limpeza e recollida de lixo de Ferrol, informa á veciñanza do Inferniño sobre a súa situación laboral
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, febreiro 21, 2008
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
5 comentarios
Parece ser xeralizado o da falta de diálogo da dirección de Urbaser. Esta sintomatoloxía repítese nas distintas concesións en poder desta empresa, coma en Santiago, Redondela, etc. Afortunad@s aqueles compañeir@s de Urbaser que teñen convenio, pois noutras concesións máis pequenas, donde o persoal empregado e pouco, os convenios colectivos brilan pola súa ausencia, coma no caso de Soutomaior ou Ponte Caldelas (Pontevedra).
En Redondela, despois da FALTA DE DIALOGO, Urbaser provocou intencionadamente unha folga no servizo, que durou 12 días (do 28/10/07 ó 08/11/07) Sen ningún esforzo (nin o máis mínimo) por parte de Urbaser, acadouse un acordo, ca mediación da Consellería de Traballo. No trascurso de folga Urbaser despediu a tódolos traballadores en folga. Logrado o preacordo, e por conseguinte a fin do conflicto, Urbaser procedeu a sancionar ós traballadores folguistas con sancións de 45 suspendidos de emprego e soldo. Estas sancións están agora mesmo no xulgado. Os traballadores de Urbaser-Redondela están a cometer o erro de buscar a solución do conflicto, só pola vía xudicial.
E a culpa de quen é? a culpa é de privatizar os servizos públicos, ca falsa argumentación de que son máis rentables, e efectivos, etc.. Existe un matrimonio privado entre as empresas concesionarias e os partidos políticos. Nembargantes os que sufren a consecuencias das privatizacións, traballaodres e cidadáns non chegan nin a noivos e en moitisimos casos non se coñecen nin de vista. O camiño é a defensa dos servizos públicos, a unión entre traballadores de distintos centros de traballo da mesma empresa a prol dunha scondicións mínimas dignas e para tódolos centros de traballo. Necesitase tamén unha alianza traballador/veciño, en contraposición empresa/concello.
Despois do Preacordo de Convenio, o pasado 8 de novembro do 2007, entre traballadores do Servizo e a empresa Urbaser, que poñía fin a folga no servizo, a empresa Urbaser, impuxo a ós folguistas máis activos, con data de 26 de novembro do pasado ano, sancións consistentes na suspensión de 45 días de emprego e soldo, agás no caso dun traballador, ó que se lle impuxo un castigo maior (60 días). Sancións non executadas ata a data, posiblemente en espera da resolución xudicial.
O pasado luns 21 de abril do 2.008, ás 10:20 horas, celebrouse xuizo, ante a Maxistrada Xuez do Xulgado do Social, número 3 de Vigo, Dona Montserrat Delgado Pérez, pola denuncia presentada contra Urbaser, pola totalidade e cada un dos traballadores sancionados, do Servizo de Recollida do Lixo do Concello de Redondela, pola súa participación activa na Folga do Servizo acontecida entre o 28 de outubro e o 8 de novembro do 2.007.
No xuizo, Urbaser non desaproveitou, unha vez máis, a ocasión, para confrontar a traballadores do servizo, empregando como testemuños, a traballadores de confianza da empresa, gratificados económicamente, máis aló do que marcan as condicións xerais do convenio, polas súas accións antisindicais e contra os dereitos dos traballadores.
Ata catro traballadores se presentaron no xulgado número tres á testemuñar a favor da empresa, nun xuizo no que o único que estaba en xogo, eran as sancións a 9 traballadores que participaran, entre o 28 de outubro e o 8 de novembro do 2.007, na única ferramenta legal, de loita e resistencia que temos os traballadores contra os abusos da patronal, a FOLGA.
Así os traballadores esquirois, manifestaron no xuizo, ser compañeiros dos sancionados, e non ter ningún, nin no pasado, nin no presente, ningunha situación de enfrontamento cos sancionados.
Sorprenderon as declaracións de Antonio Viaño Loureiro, que é familiar directo (primo) do Delegado Sindical, e que utilizou o seu parentesco para certificar que oestacionamento indevido do vehículo do seu primo, impedira a saida dos servizos mínimos, cousa que de ningunha maneira é certa. Do mesmo xeito acusou ata a outros dous familiares seus e traballadores do servizo, de impedir a saida dos servizos mínimos.
O Xefe do Servizo, o ferrolán, Jaime Martínez Anido, acusou ós traballadores folguistas de ter empregado, para evitar a saida dos Servizos Mínimos, o que, segundo el, “en Redondela se lle chama detonadores de canteira, . . . . . . deses que estoupan baixo a auga”
Os traballadores negan rotundamente tanto os feitos motivo das sancións, coma as fabulacións da empresa e esquirois, expostas ante a Xuiz, nas que entendemos a empresa interesadamente pretendeu dar unha imaxe dos seus traballadores, de radicais de Kaleborroka. Máis de 100, veciños e veciñas de Redondela foron testemuñas da actitude escrupulosamente pacífica e respectuosa, dos traballadores folguistas.
Non se entende a actitude dos traballadores esquirois, e menos no caso no que este ten parentesco cos folguistas, e testemuñase falsamente, en contra dos compañeiros que loitan polos dereitos colectivos dos traballadores, e a favor da empresa. Supoñemos que o seu comportamento é en pago de favores e priviléxios, coma ascensos de categoría, contratación de familiares, cobro de pseudopluses e outras gratificacións.
Os traballadores entenden que Urbaser pretende facelos pagar por algo que non fixeron. Entenden e esperan finalmente, sair absoltos destas sancións ou no peor dos casos, tomarano co mellor dos humores que poidan. Quedamos ó criterio da Sra Maxistrada.Xuiz, Montserrat, ou en caso de recurso, do Tribinal Superior de Xustiza de Galicia.
O Xulgado do Social, número tres de Vigo dictou sentenza, “DECLARANDO a NULIDADE das sancións impostas” por Urbaser o pasado 26 de novembro do 2007( despois de ter acadado un acordo que puxo fin a folga o pasado 8 de novembro).
A xueza, Dona Montserrat Delgado Pérez, fundamenta a NULIDADE das sancións, no examen das cartas de sanción, practicamente iguais, botandose en falta a carencia de calquer referencia ás concretas actuacións efectuadas por cada un dos traballadores para impedir a saida dos Servicios Mínimos, identificando cales foron as accións ou omisións efectuadas por cada un dos traballadores, o que non houbera costado ningún esforzo adicional a empresa demandada.” e en que a comunicación sancionadora que no seu día foi notificada aos actores, non reune os requisitos formais o que implica a conseguinte revocación total, xa e que, segundo a legaliade laboral, esixese que na comunicación sancionadora figuren de maneira expresa “os feitos que a motivan e a data na que terá efecto”, e que ” porporcionen ao traballador un coñecemento claro, suficiente e inequívoco dos feitos que se lle imputan para que, comprendendo sen dubidas racionais o alcance daqueles, poida impugnar a decisión empresarial e preparar os medios de proba que xulgue convenientes para a súa defensa”.
Os traballadores están convencidos de que as sancións obecen simplemente as ansias represoras e antisindicais do Xefe de Servizo da empresa Urbaser, o ferrolán, Jaime Martínez Anido, polo simple feito de osaren exercer os seus dereitos fundamentais , en contra do criterio do Xefe de Servizo, pretendendo reventar a sú moral, unidade e principios de clase traballadora.
Dende sempre, Jaime Martínez ven xogando co futuro e o das suas familias. Creen que pensa que sempre se vai sair ca súa e que vai a botar ó traste cas súas léxitimas reivindicacións e gañas de mellorar.
Gustarialles que esta sentenza provocará un efecto reflexivo e un cambio de actitude da dirección de Urbaser que lonxe de buscala paz social cada día da unha volta de torca máis na represión hacia os seus traballadores, pisoteando e vulnerando os seus lexítimos dereitos.
Esta sentenza enche de ledicia a tódolos traballadores do Servizo de recollida do Lixo do Concello de Redondela, aos seus familiares e veciños de Redondela que levan coma eles, seis meses pendentes do desenlace final das sancións impostas unilateralmente e contra a paz social que seria desexabel despois de acadar un acordo entre as partes.
Teñen, unha vez máis que agradecer o apoio e interese de moitos veciños e veciñas, traballadores/ras de Redondela e outras vilas. Con esta experiencia os cidadáns de Redondela, sacan a conclusión de que se se unen, se son solidarios e comprensivos con problemas que non lles afectan directamente, poden xuntos acadar aquello que se propoñan, por máis que os poderosos se poñan encontra deles, e que existan outras persoas (para os traballadores, os esquirois) que pretendan desmoralizalos, desmotivalos e facerlles ver que non se pode facer nada para cambiar esa realidade que só favorece a uns poucos. Así rematan animando ó pobo de Redondela a persistir e resistir contra a autovía, o AVE, os recheos, etc.
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon