Ola a tod@s,
en cumprimento do acordo tomado na anterior Asemblea, as cinco persoas encargadas de recoller as propostas que se van debater na próxima xuntanza da Rede enviámosvos a seguinte
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA NACIONAL ORDINÁRIA DA RGNSV
Data: 13 de Abril, domingo
Hora: 11:00 da mañá
Lugar: Local Social A Gentalha do Pichel, Sta. Clara 21, bxo. Compostela.
Orde do Día
1. Intervención do Local Social Baiuca Vermelha: debate e acordo posterior sobre a súa expulsión.
2. Leitura da Acta anterior e aprobación se procede.
3. Debate e aprobación do Documento de Bases e Organización da RGNSV.
4. Propostas diversas: actividades, mobilizacións, suxestións, ...
As cinco persoas encarregadas da recollida de propostas sobre o Documento de Bases e Organización, considerando prioritario debater este ponto con suficientes garantías de tempo, entendemos que sería necesario repartir o tempo da Asemblea da seguinte maneira:
Ponto 1: 30 minutos.
Ponto 2: 10 minutos.
Ponto 3: 120 minutos.
Ponto 4: 20 minutos.
O Documento de Bases que se achega elaborouse procurando que se recolleran todas as sensibilidades ainda que no fondo percibimos que nos une máis do que nos separa.
Ademais do documento refundido, a continuación enviaremos en correo aparte as propostas completas que se presentaron individualmente, para que tod@s dispoñamos de toda a información.
Un saúdo e ata vérmonos,
Celso Comesaña, Xan Duro, To G. Carballeira, Xosé Reigosa e Mabel Rivera.
___________
Enlace co Documento Refundido nos Arquivos Ártabros:
- Proposta para o debate en Asemblea da Rede "Galiza Non Se Vende": Documento Refundido de Organización e Bases
- Documentación para Asemblea GNSV do 13 de Abril: Propostas completas presentadas individualmente polas organizacións
_________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon