GALIZA NON SE VENDE
Documento Refundido de Organización e Bases
1. ORGANIZACIÓN
Estrutura
Asemblea Nacional de Colectivos (ANC)
Realizarase cada 2 meses de maneira ordinária, ou ben en sesión estraordinária cando asi o soliciten un mínimo de 10 colectivos ou a Coordenadora Nacional.
Coordenadora Nacional (CN)
Estará formada por 6 persoas escollidas na ANC e cada seis meses será renovada a metade da mesma de maneira que ao ano estea feita a renovación total.
Área Informática
O mantemento da páxina web e a lista do correio, precisa dunha atención continuada, polo que xa existen agora os seus responsabeis. A lista dos correios é unha ferramenta fundamental para o intercambio e posta en común das diversas iniciativas e debates entre asembleas, polo que a participación na mesma e fundamental. A paxina web precisa tamén da aportación dos diferentes colectivos, enviando o que consideren, sempre acolléndose aos critérios marcados polo Documento de Bases.
Funcionamento e responsabilidades
1. Asemblea Nacional de Colectivos
- Rexerase por un procedimento asembleária, plenamente democrático e na que participarán só os colectivos integrantes da RGNSV.
- A ANC estará aberta a todos os integrantes dos colectivos que a compoñen, mais na toma de decisións so contará un voto por colectivo.
- Os acordos da ANC serán por mairoría dos colectivos presentes na mesma, sendo necesária a presenza física para participar e votar.
- A ANC é o único órgano da RGNSV con capacidade de decisión para marcar a estratéxia e o calendário de actuación en función do Documento de Bases acordado.
- As decisións tomada na ANC serán vinculantes para todos os colectivos que formen parte da rede.
- A ANC potenciará o traballo dos diferentes colectivos, axudándolle no que sexa preciso coa fin de apoiar as accións que aqueles desenvolvan na defensa da nosa terra.
- A ANC promoverá a criación de asembleas comarcais ou locais (ali onde sexa posibel) coa fin de relacionar e optimizar as forzas e posibilidades dos diferentes colectivos dunha zona que estean en luita.
- A ANC promoverá a criación de comisións sectoriais para achegar documentación formativa e asesoramento ao conxunto da rede.
- A ANC decidirá sobre a entrada de colectivos interesados en formar parte da rede. Deberán facelo por escrito adxuntando unha breve explicación das súas actividades e unha declaración de non formar parte de ningunha organización política ou sindical.
- A ANC decidirá sobre a posibel expulsión dos colectivos que non cumpran co Documento de Organización e Bases, escoitando previamente os argumentos dos mesmos.
- A ANC acordará a aportación económico de cada colectivo, que será igual para todos eles.
2. Coordenadora Nacional
- A CN desenvolverá as súas actividades cinguínduse escrupulosamente ao Doumento de Organización e Bases da RGNSV. O seu traballo asentase sobre a confianza mutua de todas e todos que conformamos a rede.
- Será tamén función da CN o seguimento entre asembleas de todas as actividades da rede, verificando que todo se desenvolve en base ao acordado na ANC.
- Coordenará cada ANC mediante: realización da orde do día (incluindo as propostas dos colectivos), moderación da mesma; recollida en acta dos colectivos asistentes á asemblea, os acordos tomados e o resultado das votacións se as houbera.
- Elevará propostas á ANC de todo tipo, especialmente no campo do asentamento da RGNSV en toda Galiza, promovendo a coordenación, relación e intercambio de inciativas e experiencias entre os diferentes colectivos da rede.
- A CN será a encarregada de expresar diante dos medios de comunicación a opinión da RGNSV nos temas xerais, incorporando cando fora preciso a colectivos da rede nos temas máis concretos.
- Nos casos de intervención rápida como a resposta a un tema concreto, a CN recabará dos colectivos integrantes da rede o seu parecer, e a decisión será tomada en base á opinión maioritária.
2. BASES
- Galiza Non Se Vende é unha rede de diversos colectivos que se organizan asembleariamente nunha estrutura cinguida ao ámbito territorial galego, na que cada colectivo no seu nome, ten plena autonomía para desenvolver o seu traballo. Mais a rede no seu conxunto, é a auténtica protagonista naquelas convocatórias, opinións ou mobilizacións de caracter nacional, asumindo ademáis ese protagonismo en todas aquelas decisións que asembleariamente se decidan.
- A RGNSV exercerá presión sobre todos os poderes públicos e promoverá a definición dun modelo de desenvolvemento económico sutentable, e dun plano de ordenación territorial que contemple e respecte as reivindicacións e os intereses do pobo galego, por enriba de calquera interese económico, rechazando as políticas públicas que poñen os intereses privados por diante do interés público.
- A RGNSV potenciará a sensibilización do povo galego mediante a información, a mobilización e a denuncia, de cara a formalizar unha base social responsabel e consciente, potenciando a nosa dignidade como povo e o activo solidario de cada colectivo para afrontar a luita conxunta en defensa dos intereses da terra.
- Galiza Non Se Vende é un organismo reivindicativo e mobilizador, e polo tanto non terá nunca a función de pactar ou negociar no seu nome, nada coas administracións públicas, responsabeis políticos ou empresas privadas.
- Na rede non poderán estar integrados partidos políticos nen sindicatos, e nengún organismo dependente dos mesmos.
- Non se aceitarán colaboracións de grupos empresariais de calqueira tipo, nen axudas ou subvencións de organismos públicos.
- A defensa da terra implica a defensa da nosa identidade, e polo tanto o galego será a língua oficial da rede, tanto no seu funcionamento interno (documentos, propostas, etc.) como públicamente. A rede promoverá que todos os colectivos que a integran asuman este principio tamén na súa proxección pública.
- O soporte económico da rede basearase única e exclusivamente na aportación de cada colectivo, que se decidirá na ANC.
Enlaces relacionados:
___________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon