mércores, outubro 22, 2008

A Asociación Cometa inicia accións para rexeitar o proxecto de canceira municipal de Ferrol

O meu nome é Juán Fernández Sixto e, como cidadá/n de Ferrol (opción para non ferroláns que queiran apoiar a campaña: como amante dos animais) gustaríame manifestar o meu rexeitamento ao proxecto actual de rehabilitación da vella canceira de Mougá e o intento por parte do Concello de dar unha imaxe falsa de este tema.

Non se pode dicir que a canceira vai ser un refuxio cando as instalacións carecen de hospital, sala de curas ou quirófano. Que ten pensado o Concello facer cos animais que ingresen enfermos ou feridos? Un animal enfermo ou ferido non pode estar aloxado nunha canceira, no exterior, e sen posibilidade de recibir, por exemplo, tratamento por vía intravenosa ou osixeno.

Non se pode chamar zona de corentena a tres canceiras sen illamento e situados no exterior. Qué pasará cando ingrese o cuarto animal se o primeiro inda non rematou o período de corentena?

Co gran problema que están a ser os gatos nas rúas da cidade, problema ao que o Concello leva anos dando as costas, por non falar dos gatos abandonados, como se pode construír no ano 2008 un centro para a recollida de animais abandonados sen un espacio especialmente habilitado para estes animais? (unha canceira non é adecuado para eles)

Que vai pasar cos cabalos, ovellas e outros animais que vemos a diario invadindo zonas públicas, as veces estradas, a miúdo mantidos en condicións penosas?

Se o Concello de Santiago no ano 2005 cunha inversión de 394.000 € levou a cabo a CONSTRUCCIÓN e EQUIPAMENTO dun refuxio de 15.000 m² con quirófano, hospital, zonas de illamento e corentena, espacio para gatos e outros animais, zonas de esparcemento para os animais e aula medioambiental, como pode o Concello de Ferrol gastar 300.000 € dos nosos impostos na REHABILITACIÓN dunha canceira de 1.000 m² construida hai dez anos, sen ter en conta os avances producidos nunca década e a experiencia acumulada noutras cidades? Por qué os nosos representantes municipais non visitan outros centros para coñecer o seu funcionamento e ver cales son as necesidades e os problemas de este tipo de instalacións? Por que non contan coas protectoras de animais locais que ademais de representar os intereses de moitos cidadáns de Ferrol preocupados polo benestar animal, poderían aportar ideas e experiencia?

Asociacións de defensa dos animais de todo o mundo levan anos loitando contra a adquisición compulsiva e irresponsable da animais, unha das principias causas de abandono. Entón ¿non resulta inda máis irresponsable que unha institución pública manifeste publicamente que os nenos que acudan en visita escolar á canceira poderán “escoller” alí mesmo o seu can? Por certo, os animais que habitualmente enchen estes centros son animais maltratados, con traumas e asustadizos, que o que menos necesitan é converterse en parte dun espectáculo para excursións, iso non é educar no respecto aos animais, máis ben o contrario.

Por todas estas razóns quero pedir a este goberno que recapacite e asuma unha iniciativa moderna e eficaz que resolva por fin un problema que preocupa cada vez mais aos cidadáns, a matanza continuada de animais abandonados, un problema, por certo, común a toda a comarca de Ferrolterra, e que debería ter unha solución conxunta.
____________
Asociación para un Comportamento Ético cos Animais COMETA
C/ Manoel Antonio 4, 1º
15570 Narón. A Coruña
Tlf: 617 040 992
Correo electrónico: correo@asociacioncometa.com
Páxina web: www.asociacioncometa.com
CIF: G-15963234

__________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon