venres, xaneiro 30, 2009

O Sábado 7 de Febreiro de 2009, Homenaxe a Carmelo Teixeiro

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, anunciou que o Sábado 7 de Febreiro deste ano 2009, cando se cumpre o primeiro aniversario, do pasamento do compañeiro Carmelo Teixeiro, vai ter lugar un Acto de Homenaxen a "un home de ben", a un compañeiro. O Acto terá lugar ás 12 do mediodía, no parque de Caranza perto da Ermida, parque que para nós xa leva o seu nome "Parque Carmelo Teixeiro".

Homenaxe a Carmelo Teixeiro


Vídeo: mugar2 - Lolo


Carmelo, un compromiso cos demais


Vídeo: Fuco Buxan A.C.

O 9 de maio de 2007 entraba pola Ría de Ferrol o primeiro gasero cara a Reganosa. Ese mesmo día rompéronse os muros de silencio e recoñeceuse a loita que levaba a cabo desde facía 7 anos o CCE presidido por Carmelo Teixeiro. Unha loita que se viu plasmada no libro "Muros de Silencio". Neses días espertouse na conciencia de moitas persoas un sentimento de rabia e loita que se reflectiu nas múltiples protestas nas rúas de Ferrol e en cidades de toda Galicia.

Unha das persoas que conseguiu, tras 8 anos de traballo, que rompesen eses muros de silencio, foi o noso compañeiro e amigo Carmelo Teixeiro. Unha persoa tenaz e cun espírito inquebrantable, que se mantivo firme desde o principio. A loita incansable de Carmelo polo desenvolvemento sostible da ría, revela unha personalidade especial que se foi contaxiando a moitos de nós.

Os compañeiros de Fuco Buxán e persoas que souberon recoñecer o seu traballo, realizamos unha pequena síntese do "seu compromiso social, político, cultural..... cos demais". Intentamos reflectir en poucos minutos o seu traballo por unha sociedade máis xusta.

Quizá a súa imaxe tivo maior transcendencia pública polos acontecementos relacionados coa Planta de Gas e coa ría, pero moitos sabemos que o seu compromiso coa democracia viña de tempo atrás co seu paso pola JOC, USO-UXT, PSOE,....

Por iso queremos recoñecelo neste traballo e aínda que a el gustáballe pasar desapercibido, cremos que o seu labor ten que ser recoñecida para pasar a testemuña nesa loita.

Grazas a todas as persoas que colaboraron neste proxecto, achegando material, tempo e traballo. Fernando, Amadeo, Carducho, Mario. E de xeito especial a Jorge pola túa ilusión e o teu entusiasmo e por involucrarte do xeito en que o fixeches; e a Marichy, por esa sensibilidade que a caracteriza sempre.

Ferrol, 8 de Maio de 2008
Mª Teresa Martínez Vilariño
____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon