sábado, febreiro 07, 2009

Lembranza de Carmelo Teixeiro no primeiro aniversario do seu pasamento

Homenaxe a Carmelo Teixeiro - 7 de Febreiro de 2009[Galería Fotográfica do Acto do 7 de Febreiro de 2009 - Fotos: Fuco Buxan AC,
para entrar Clicar acima da imaxe]

Hoxe Sábado, 7 de Febreiro de 2009, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e outras entidades, organizaron un emotivo homenaxe a Carmelo Teixeiro, no primeiro aniversario do seu pasamento. Nun día de forte chuvia, foron moitas as persoas que se achegaron ao parque, nas inmediacións da Ermida e Praia de Caranza. Dirixíu o acto Monset Garel, logo interviñeron, Mapi, presidenta da asociación veciñal; José Torregrosa, da A. C. Fuco Buxán, leu un poema a Carmelo; a Concelleira de Ensino e Cultura, Mercedes Carbajales que estivo presente en representación do Concello e o Alcalde, Vicente Irisarri, que tamén tivo unhas palabras ao final do acto. Luz Mariña Torrente da Asociación Veciñal de Meá, tivo unha intervención sinxela, directa, emotiva e cargada de entrañábel calor, recoñecemento e reivindicación. O fillo maior de Carmelo, Juan Ramón, leu unha carta escrita aos poucos días da morte do seu pai, un verdadeiro poema dun fillo agradecido a un pai entregado, a un bo home. A carta foi todo un percurso pola vida de Carmelo desde a súa infancia nas praias do Seixo, o seu paso por Cuba, a entrada como aprendiz en BAZAN, a súa tenacidade no estudo, para superar-se, até conseguir ser un técnico recoñecido no estaleiro, a súa militancia nas JOC e o seu traballo no mundo social, sindical e político desta comarca, a ruptura co mundo dos "politiquillos" trepas e codiciosos, até chegar na súa última etapa na loita pola defensa da Ría, contra a instalación da Planta de Gas no corazón da mesma, contra esta irracionalidade sobrada de corrupción e grandes intereses políticos e económicos para beneficio duns poucos, ... O compañeiro "Lalán", falou no nome do Comité Cidadán, moi emocionado. Colocou-se unha placa comemorativa e realizou-se unha ofrenda floral no medio dos tres carballos que están plantados na súa lembranza ... Mentras as gaitas do Colectivo "A Revolta" entonaban a "Marcha do Antigo Reino da Galiza", ... Carmelo o teu alento segue con nós, ... a loita continua.

Enlaces relacionados:
________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon