sábado, abril 11, 2009

Convocada nova acción de protesta, este Luns 13 de Abril, ante o anuncio de entrada na Ría do buque "Al Marrouna" cargado con GNL


O vindeiro Luns 13 de Abril está prevista a entrada na Ría dun novo buque gaseiro, o "Al Marrouna", cargado con GNL-LNG, para a ilegal e perigosa REGANOSA. Este faría o 43 buque que atracaría no peirao da Planta de Gas de Punta Promontorio. O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ante este anuncio, convoca unha acción de protesta na Praza Amada García diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol, para o mesmo Luns 13 de Abril ás 7 da Tarde, cunha concentración cidadá.

O Comité Cidadán de Emerxencia, como é habitual, sempre que un buque gaseiro entra na Ría, convoca unha acción de protesta, para denunciar o perigo que supon a entrada na nosa angosta Ría deste buques con miles de toneladas de gas natural licuado, para a ilegal e perigosa planta de gas que REGANOSA contruíu en Mugardos.

O movimento social que se opón ao despropósito gasístico continua na loita, para desenmascarar a corrupción política e económica que o acompañou; para denunciar irresponsábel localización da planta dentro da Ría; e para concienciar e mobilizar á poboación para conseguir o seu peche e desmantelamento, polo perigo e ameaza que supon a súa actividade, para a vida e a seguridade das persoas que vivimos na súa contorna e para a propia Ría.

Localización do "Al Marrouna" [Código Indicativo do buque: C6VF5] no mapa: Acceder ao Sitio

Características do buque:
Bandeira: Bahamas – Eslora: 288.2 m - Manga: 43.46 m – Calado máximo: 12.3 m – Capacidade: 149.539 m3
_______

Fonte:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon