Anunciamovos a celebración do Seminario "Consumo Responsable e Cambio Climático" que se desenvolve no marco da X Semana Galega do Comercio Xusto e que terá lugar entre o 24 e o 26 de abril de 2009 en Santiago de Compostela.
A incrición a todo o Seminario debe facerse a través da Universidade de Santiago de Compostela (Máis información no adxunto) e ten un custe de 30 € (Gratuito para socias-os de Amarante).
A entrada é libre e gratuita se desexades asistir so as conferencias, so pedimos nos enviedes confirmación de asistencia ao correo electrónico "ourense@amaranteong.org" ou a través do teléfono 988601921.
Adxuntamos o programa do seminario en enlace máis abaixo.
Agardamos poder contar coa vosa presencia, recibide un cordial saúdo.
Amarante, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela desenvolve entre o 24 e o 26 de abril o seminario titulado CONSUMO RESPONSABLE E CAMBIO CLIMÁTICO no que contaremos en Galicia coa presencia de membros de Greenpeace, Veterinarios sen Fronteiras, Ecologistas en Acción, Universidade Rural Paulo Freire, Centro de Investigación sobre Consumo (CRIC-Revista Opcións) ou Via Campesina que analizarán a problemática do cambio climático e trazarán as liñas estratéxicas para sair das múltiples crises no que está inmerso o modelo de produción e consumo capitalistas. Estratexias que pasan, sen dúbida, polo consumo responsable transformador.
Así, denunciar a relación entre o modelo económico homicida e suicida e a crise ecolóxica, adaptar as alternativos en marcha aos impactos do modelo dominante no sur e no norte e situar o consumo responsable no centro das alternativas cara a sustentabilidade son obxectivos específicos do presente seminario. Fomentando e propiciando a posta en práctica de medidas a escala individual e colectiva que permitan evitar o infarto ecolóxico en xeral e loitar contra os efectos do cambio climático en particular.
A crise alimentaria, ecolóxica e agora tamén económica son a impronta do capitalismo do século XXI. O mundo construído sobre relacións humanas inxustas e desiguais deixa o rastro da débeda ecolóxica entre o norte e o sur do planeta, o cal ten o seu máximo expoñente no “cambio climático”. O modelo económico dominante impón a prioridade dos beneficios por enriba dos dereitos laborais e humanos, mentres o modelo de consumo enerxético e agroalimentario devora sen fin os recursos naturais deixando tras de si o rastro do empobrecemento.
Neste contexto xorden alternativas e resistencias: o consumo responsable aparece como unha ferramenta para provocar a transformación social necesaria. O establecemento de novas fórmulas comerciais baseadas na cooperación, o respeto ao medio ambiente e as culturas locais, a soberanía alimentaria e a abordaxe das problemáticas estructurais que xeran o empobrecemento e a crise ecolóxica sitúanse como as liñas de traballo sobre as que deben pivotar as políticas do século XXI.
Semella polo tanto imposible de disociar a crise social global da crise ecolóxica. É polo tanto o momento de abordar os problemas globais como a do cambio climático con un enfoque sistémico, así, trocar o patrón de consumo cara un xusto e equitativo, presionar politicamente e construír alternativas as estructuras do modelo económico e social dominante constitúen os tres pilares básicos para construír a sustentabilidade ecolóxica e social.
Programa e inscrición:
Neste enlace pode-se baixar o Programa e a Inscrición ao Seminario "Consumo Responsable e Cambio Climático", en formato -pdf-
___________________________
AMARANTE é unha Organización Galega de Cooperación para o Ecodesenvolvemento.
http://www.amaranteong.org/
_______________________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Comercio Xusto
Consumo Responsábel
Amarante: Seminario "Consumo Responsable e Cambio Climático"
sábado, abril 11, 2009
Amarante: Seminario "Consumo Responsable e Cambio Climático"
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan sábado, abril 11, 2009
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon