luns, abril 13, 2009

A Planta de Gas de Reganosa e os modernos gaseiros tipo Q-flex e Q-max

Ferrol CAPE
-ferrol.cape@gmail.com-
12 de abril de 2009 23:16

OS MODERNOS GASEIROS

OBSERVATORIO DE PLANTAS REGASIFICADORAS DE GNL

  • A PLANTA REGASIFICADORA DE FERROL NON PODERÁ RECIBIR AOS MODERNOS GASEIROS QUE SE ESTÁN CONSTRUÍNDO PARA REDUCIR CUSTOS DE TRANSPORTE

O mercado do GNL está pasando por unha forte transformación e modernización técnica para face-lo máis competitivo e atractivo aos consumidores. Por unha banda mellorou-se a tecnoloxía da plantas de licuefacción de gas natural logrando licua-lo a menor custo e por outra utilizando plantas regasificadoras menos contaminantes e incorporando as modernas plantas flotantes (FSRU en offshore) afastadas de zonas poboadas ou frecuentadas polo público.

Desde o punto de vista do transporte a tecnoloxía actual dos buques gaseiros desenvolveu-se cara a buques de maior capacidade de carga como os gaseiros tipo Q-flex ou como os Q-max.

Q-Flex: Son gaseiros deseñados para ter unha capacidade de carga de aproximadamente 217.500 m3, distribuída en 5 tanques, cunha eslora de 315 metros, 50 metros de manga e 12 metros de calado. Xa que logo en cada viaxe pode transportar un 50 % máis de carga que os gaseiros convencionais (os buques actuais cargan de media uns 140.000 m3). Este incremento da capacidade de carga supón unha redución dos custos de transporte por unidade de gas natural licuado e un 40%, segundo os seus armadores.

[Na foto, tomada en Marzo deste 2009, un buque tipo Q-Flex: Mesaimeer]

Q-Max: Son gaseiros deseñados para ter unha capacidade de carga de ata 267.000 m3, en 5 tanques, teñen unha eslora de 345 metros, 55 metros de manga e 12 metros de calado. Este tipo de buque carga un 80% máis de GNL que os convencionais. Do mesmo xeito que cos Q-Flex, a mellora das capacidades de carga desta serie vai producir unha redución dos custos de transporte por viaxe en comparación aos buques tradicionais.

[Na foto, tomada en Febreiro deste 2009, un buque tipo Q-Max: o Al Mayeda]

Estes buques gaseiros de dobre liña de eixos e temóns xemelgos son impulsados por motores diesel lentos con mellor rendemento enerxético que as plantas propulsoras dos gaseiros actuais xa que a maioría son propulsados por plantas a vapor a turbinas engranadas a unha só liña de eixos. O combustíbel utilizado nestas plantas é o propio gas natural que transporta.

A Planta regasificadora de Bilbao operada por BBG xa recibiu, en xaneiro deste ano, un destes buques Q-max de nome Mozah, xa que o seu pantalán e porto permíte-no. As Plantas regasificadoras españolas situadas en Sagunto, Cartaxena, Huelva e Barcelona están facendo provisións orzamentarias para adecuar os seus terminais de descarga ás inminentes atracadas destes grandes e modernos gaseiros.

A Planta regasificadora da Ría de Ferrol non podería recibi-os debido ás serias limitacións en calado e trazado da canle de acceso ao interior da Ría.

Debemos remarcar o feito que dos corenta gaseiros que recibiu a planta regasificadora unha decena tivo que arribar na Ría de Ares debido ás condicións climatolóxicas existentes na canle de acceso á Ría de Ferrol (principalmente ventos e néboas) e esperar a que fosen favorábeis para unha navegación sen riscos por devandita canle.

Obviamente estes buques de maior calado e manga que os convencionais non poderían entrar na Ría de Ferrol polo que a planta regasificadora estaría condenada a recibir os vetustos gaseiros propulsados a vapor e de baixa rendibilidade económica.

Envía www.f-cape.org
_____________________

1 comentarios so far

Hoxe ás sete da tarde vémonos en Ferrol, diante do edificio da Xunta, para protestar pola entrada dos metaneros cargados con gas dentro da ría de e para que pechen a perigosa Reganosa dunha vez por todas. ¡¡ Planta de Gas Fora da Ría !!


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon