O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha nova concentración en sinal de protesta polo anuncio da entrada na Ría do que sería o gaseiro nº 47, o "Hispania Spirit", cargado con GNL, desde que en Maio de 2007 entrara o primeiro buque para a ilegal e perigosa REGANOSA. Poñendo en perigo, máis unha vez, ás miles de persoas que moramos na contorna da Ría. Pois REGANOSA, entre outros, non cumpre o Artigo 12 da Directiva 96/82/CE relativa ao control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas.
"A razón pola cal estas industrias teñen que estar afastadas de núcleos poboacionais é que existe risco de fallos. E un fallo nunha Planta de Gas, non ten as mesmas consecuencias que un fallo nos astaleiros. Unha Planta de Gas e os grandes buques que a abastecen son un grande perigo potencial, é por iso polo que teñen que estar localizadas lonxe de núcleos de poboación, xa non digamos dentro dunha ría densamente poboada como é a de Ferrol.
O Dereito á Seguridade, á Saúde e á Proteción do medio Ambiente é un dereito inherente á cidadanía e o Estado debe ser o garante deste dereito ante os riscos innecesarios aos que nos someten coa presencia da planta de gas no corazón da nosa Ría, máis ainda elevados a un maior exponente "n" coa entrada de cada buque cargado con GNL-LNG na nosa angosta Ría, só para que uns cantos ricos e corruptos den renda solta a súa cobiza .
En caso de fuga o gas seguiría o seguinte proceso:
- Sairía á atmosfera unha NUBE TÓXICA, moi fría, que se derramaría por toda a Ría como unha "néboa" matinal baixa.
- Estendería-se a nivel de chan, durante tanto tempo e espazo como dure a fuga...
- Mentres... iría ASFIXIANDO A Todo SER VIVO.
- Paulatinamente a nube de gas iría-se quentando e diluíndo no aire, sendo arrastrada polo vento (o cal sopra xeralmente cara a Ferrol)"...
- Chegan un punto no que o gas misturado co aire nunha proporción determinada converte-se nunha enorme bomba inflamábel que explota ante calquer un frouxo punto de ignición.
Fóra REGANOSA da nosa Ría !
Que desmantelen a Planta de Gas Xa !
Planta de Gas Fora da Ría !
Acude á CONCENTRACIÓN este Sábado 20 de xuño, ás 7 da tarde no Edificio da Xunta - Praza Amada García
Características do buque:
Nome.- Hispania Spirit - Bandeira.- España - Eslora.- 279 m - Manga.- 43,4 m
Calado máximo.- 12,12 m - Capacidade .- 140.000 m3 (*)
(*) A capacidade máxima autorizada é de menos de 140.000 m3
Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com- 19 de junho de 2009 13:20
--
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
...........
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon