mércores, xullo 01, 2009

Unha explosión de gas na cidade italiana de Viareggio, causa 14 mortes, varias persoas desaparecidas, máis de 50 feridas e máis de 1000 desaloxadas


Un accidente na estación de tren da cidade italiana de Viareggio, onde descarrilou un comboio que transportaba cisternas cargadas con GPL, non nos pode deixar indiferentes na nosa comarca. Onde temos instalada unha Planta de Gas de GNL dentro da Ría [con 300.000 m3 de capacidade de almacenamento] moi próxima a núcleos de poboación e onde cada pouco entra, por un canal, de pouco calado, fondos rochosos, estreito e sinuoso, un buque gaseiro [cuns 135.000 m3 de capacidade] a descargar o gas na terminal de REGANOSA en Punta Promontorio no concello de Mugardos.


Os accidentes "ocurren", non son só unha probabilidade estátistica, é por iso o das normas emanadas da Directiva Europea Seveso II, con elas pretende-se minimizar os riscos e protexer a poboación de posíbeis accidentes, polo que instalar unha Planta de Gas no corazón da nosa Ría é moito mais que un desprósito, é unha insesatez, unha irresponsabilidade, unha acción criminal ... e unha ilegalidade. E se a isto engadimos-lle o feito de que está localizada mesmo ao carón dun complexo petroquímico [Forestal del Atlántico e Imelgasa] onde se almacenan sobre uns 280.000 metros cúbicos de productos altamente perigosos e tóxicos [fueloleos; resinas; as colas de Urea-Formol, Melamina-Urea-Formol, Melamina-Formol, Fenol-Formol, Resorcina-Formol e disolucións acuosas de formol; residuos MARPOL tipos A, B e C] e hai a poucos metros [80 m] unha planta de coxeneración eléctrica que funciona queimando gasóleo, temos un cotel altamente perigoso, diante do cal as nosas "autoridades" miran para outro lado e mesmo conceden todo tipo de autorizacións.


Accidente grave en Viareggio

Case era a media noite deste Luns 29 de Xuño, cando unha forte explosión, seguida doutras continuadas alarmarom a toda a cidadanía de Viareggio [Toscana], unha poboación que está perto de Florencia en Italia. As lapas vian-se por acima dos edificios máis altos da cidade.


Que foi o que pasou ?

Un tren de mercadurias entraba na estación e se produxo un descarrilamento, varios vagóns saíron despedidos entre eles dous que contiñan GPL [gas de petróleo licuado], ao pouco xa se produxeron as fortes explosións que fixeron caer varios edificios e destruíu parte da estación da cidade, até agora 14 son as persoas mortas, varias desaparecidas e máis de 50 feridas, das cais 34 de gravedade, 300 vivendas quedaron destruidas ou con perigo de derrube, máis de 1.000 tiveron que ser desaloxadas das súas moradas.

Poucos minutos logo da explosión, Protección Civil declarou o estado de emerxencia rexional e fixo confluír no lugar aos bombeiros de Toscana e Liguria.

Imaxens e crónicas en directo amosadas polo canal italiano da Rainews24.






_________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon