Verdegaia presentou, a través do Rexistro Xeral do Concello de Ferrol o día 14 de agosto de 2009, alegación ao Estudo de Viabildade do aparcadoiro soterrado na Praza de Armas. Pídese a paralización e anulación deste proceso de contrución dun aparcadoiro xa que contradí as iniciativas existosas doutras cidades ao desviar o tráfico hacia aparcadoiros fóra dos cascos históricos; tamén contradí as liñas mestras do propio Plan Especial do Concello de Ferrol e desoe o Plan de Mobilidade. Ínstase ao goberno municipal a abandoar o proxecto e contruir unha verdadeira praza pública para o gozo e desfrute da cidadanía.
O Concello de Ferrol está a elaborar un Plan de Mobilidade para o conxunto do Termo Municipal, que inclúe reflexións sobre a ordenación do tráfico e o aparcadoiro de vehículos; sen agardar as conclusións baseadas nunha visión de meirande perspectiva, tomou precipitadamente a decisión de rescatar a concesión sobre o aparcadoiro da Praza de Armas e iniciar o procedimiento para a construción dun aparcadoiro soterrado de maior capacidade.
Supónse na redacción do Plan de Viabilidade que o aparcadoiro da Praza de Armas vai competir con ventaxa con outros parkings en funcionamento, cando vai ser o de máis difícil accesibilidade para os clientes por atoparse no centro do casco histórico, fronte a excelente accesibilidade da Praza de España (aparcadoiro de acollida do barrio da Madalena, como suxire o propio Plan Especial). Este optimismo na estimación de demanda de aparcadoiro confírmase á hora de pedir opinión aos operadores privados. Case todos os que responden á consulta do Concello sobre o interese en facerse cargo deste tipo de infraestructura estiman que a capacidade está sobre-dimensionada.
Estes aspectos contradictorios do Plan de Viabilidade poñen en dúbida mesmo da necesidade do propio aparcadoiro, tendo en conta a escasa utilización dos aparcadoiros existentes, o optimismo da estimación da demanda e a peor accesibilidade rodada da localización proposta. As dúbidas fundadas sobre a viabilidade de ampliar o aparcadoiro da Praza de Armas e, sobre todo, a afección tan negativa que vai ter sobre a peonalización do barrio, fan que a decisión máis acorde coa peonalización do Casco Histórico pase necesariamente por:
- Pechar o aparcadoiro da Praza de Armas (que non cumprimenta ningunha medida mínima de accesibilidade e que si terían outros aparcadoiros en funcionamento e cun baixo nivel de ocupación situados na Praza de España, Cantón, Mercado Central e Pescadería).
- Reurbanizar a Praza de Armas.
- Implementar medidas de ordenación de aparcamento en superficie.
- Implementar medidas de mellora no control e policía de tráfico que, ao tempo que melloran a accesibilidade peonil, redunden nun meirande grado de ocupación dos aparcadoiros xa en funcionamento que, por situarse no contorno inmediato do barrio da Madalena, prestan o mesmo servicio aos cidadáns ao tempo que non comprometen a peonalización, como sí a compromete o aparcadoiro da Praza de Armas.
- Apostar polo transporte público e os modos peonís e bicicleta no conxunto da cidade, co fin de reducir a mobilidade no vehículo privado.
NC de Ferrol, Eume e Ortegal
Enviado por:
ferrol@verdegaia.org 15 de agosto de 2009 12:33
_______
Documento de interese:
________________
Enlaces relacionados:
- O Consello Local de EU de Ferrol e a reforma da Praza de Armas [23.09.2008]
- O goberno leva hoxe a pleno o rescate do párking de Armas tras o acordo entre concesionario e comerciantes [16.02.2009]
- Por que furar Ferrol ? [18.02.2009]
- Esquerda Unida denuncia a situación de irregularidade na que se atopa a día de hoxe o estacionamento da Praza do Concello e outras denuncias [26.03.2009]
- O pleno aproba o estudo de viabilidade do párking da praza de Armas sin ningún voto en contra [06.06.2009]
- Asemblea Aberta para tratar o asunto do Estacionamento da Praza de Armas de Ferrol [15.07.2009]
- A praça do concelho de Ferrol para as pessoas, nom para os veículos: praça pública sim, estacionamento nom! [31.07.2009]
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon