A ACTUALIDADE DO QUE PASA EN HONDURAS
Para outra información diferente á convencional acceder a TeleSuRTvVideo da Concentración Reivindicativa, con bocadillos solidarios, en CPI de Atios Valdoviño
20091010
A comunidade educativa do CPI de Atios do concello de Valdoviño, comezou este curso cun recorte de profesorado e 60 solicitudes de prazas para o comedor escolar sen poder ser atendidas. Todos os xoves veñen realizando unha concentración. A do pasado Xoves 8 de Outubro, consistiu en compartir un bocadillo, tanto o alumnado que conseguiu praza no comedor, como o que non a obtivo. Acudiron tamén a este "bocadillo solidario" unha parte significativa das familias e do profesorado, e quen non puido acudir, comunicou o seu apoio. No vídeo, que recolle a intervención de Montse Fernández, presidenta da ANPA, explícanse as reivindicacións da comunidade escolar e as futuras mobilizacións.
Video do acto:
Enviado por:
lupe ces
-lupeces@gmail.com-
10 de outubro de 2009 07:34
http://lupeces.blogspot.com/
0 comentários:
Assinar:
Postar comentários (Atom)















































