Convocadas pola Asociación de Veciños de Valón e da Asociación Veciñal de Esteiro, no día de onte 23 entidades constituíron a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública.
Os catro sindicatos van formar parte da mesma e ademais CCOO, CIG e USTG enviaron, como mostra de compromiso inequívoco, ós seus secretarios comarcais. A UGT desculpou a non asistencia do seu secretario comarcal, pero si estivo presente no acto unha representante da mesma.
Trece asociacións veciñais , varias asociacións socio sanitarias (algunhas desculparon a asistencia por celebrarse o día da mobilidade) e a Xunta de Persoal da Área Sanitaria van , de maneira inicial, a formar parte da Plataforma, que está pechada a novas incorporacións que xa se van producir nos próximos días.
Principalmente foi obxecto de debate a redución dos orzamentos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde para o 2010 ( 38 millóns de euros ) e a falla de compromiso da Xunta de Galicia, neses orzamentos, co Plan Director do Complexo Hospitalario, ó que só se dedican 100.000 euros, e o nulo compromiso, non se dedica partida ningunha, co Plan de Alta Tecnoloxía, que deixa ó Marcide fóra dese Plan no ano 2010. O Conxunto dos asistentes criticaron a falla de compromiso da Xunta de Galicia nos orzamentos do 2010 coa Área Sanitaria de Ferrol.
Mentres tanto se segue a dilapidar diñeiro público, no Monte Gaias nos soldos dos Directivos do Servizo Galego de Saúde, que aumentan considerablemente, e no mantemento do Plus de Altos Cargos.
Logo de manifestarse en conta das privatizacións na construcións de centros de saúde e de Hospitais previstas pola Xunta de Galicia, se estableceu un programa de mínimos da Plataforma que se completará na próxima xuntanza a celebrar neste mesmo mes de Decembro:
- Demandar da Xunta de Galicia a adecuación dos orzamentos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde ás necesidades reais de contratación de persoal e dimensionamento de cadros de persoal, cubrindo en todo momento o 100% das ausencias por enfermidade, permisos, vacacións, etc., que eviten a actual mingua da calidade asistencial.
- Revisar os concertos establecidos cos Hospitais Privados, Hospitais Concertados, e Clínicas Privadas, eliminando aqueles que non sexan necesarios.
- Mellorar a xestión do gasto farmacéutico, non reducir en caso ningún a dispensa de medicamentos, pero si exercer un mellor control.
- Manter o Plan de Mellora da atención Primaria, garantindo a adecuación dos tempos de consulta médica, e a extensión de programas e plans de coidados de Enfermería.
- Redución drástica das Listas de Espera en Consultas de atención Especializada, Probas diagnósticas, Cirurxía e procedementos terapéuticos. Control das Listas de Espera no futuro.
- Creación dun Centro de Referencia das Enfermidades Profesionais nesta Área Sanitaria.
- Paliar a escaseza de recursos Sociosanitarios na Comarca, actualmente moi insuficientes, dada as características, da idade da poboación, da nosa Comarca, Integrando o Hospital Xeral na rede Pública.
- Mantemento dos compromisos económicos mantidos con esta Área Sanitaria para desenvolver o Plan Director do Complexo Hospitalario.
- Compromiso de investimento no ano 2010 da Área Sanitaria dentro do Plano de investimentos en Alta Tecnoloxía.
- Creación dun sistema de alerta sanitaria directamente relacionado coa Atención Primaria, para que o gasto asistencial derivado da asistencia a enfermidades profesionais sexa custeado polas Mutuas e non cargado á Sanidade Pública.
- A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol está aberta a novas adhesións de asociacións. Para aherirse, contactar no
plataformadspferrol@gmail.com
- A recentemente contituida Plataforma xa ten un sitio na rede, de feito a noticia que acima publicamos foi extraída do mesmo
http://plataformadspferrol.blogspot.com/
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon