xoves, decembro 03, 2009

Esquerda Unida desminte o arquivo da denuncia presentada diante do Parlamento Europeo polo emprazamento ilegal da planta de gas de Reganosa

  • ESQUERDA UNIDA AFIRMA QUE A COMISIÓN DE PETICIÓNS DO PARLAMENTO EUROPEO NON PECHOU A DENUNCIA PRESENTADA POR EU E OUTROS COLECTIVOS DE FERROLTERRA POLO  ILEGAL  EMPRAZAMENTO DA PLANTA DE GAS
  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA  ANUNCIA A  SÚA  DETERMINACIÓN DE CONTINUAR A LOITA PARA  GAÑAR A SEGURIDADE E A VIDA CONTRA REGANOSA CON OUTRA BATERÍA DE   INICIATIVAS  NO CONGRESO
 O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere desmentir  con rotundidade que a denuncia contra a planta de gas de Reganosa presentada, entre outras entidades, pola nosa organización diante do Parlamento Europeo  fora  arquivada.

O Grupo Parlamentar da Esquerda Unitaria Europea, onde se atopa integrado o parlamentario de Esquerda Unida, Willy Meyer, desenvolveu nestes días unha serie de xestións  diante da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo conducentes a manter a vixencia  da devandita denuncia.



O resultado destas iniciativas é o mantemento da denuncia aberta na Comisión de Peticións, segundo nos confirmou  esta mesma mañá o deputado Meyer.

Esquerda Unida anuncia que vai achegar nova documentación diante da Comisión de Peticións ao obxecto de  apoiar a argumentación presentada con motivo da viaxe que unha sesentena de colectivos de toda Galicia, entre eles nomeadamente de Ferrolterra, realizaron  hai máis dun ano ao Parlamento Europeo para presentar a denuncia contra a planta de gas.

O noso Grupo Parlamentar no Congreso dos Deputados  achegará neste días unha nova batería de iniciativas en forma de preguntas parlamentarias para reclamar do Goberno do Estado un pronunciamento sobre os continuos problemas que teñen os gaseiros para entrar na ría de Ferrol e os perigos  derivados para a seguridade da veciñanza da zona.

Queremos lembrar as últimas sentenzas emitidas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordenando  o desmantelamento dos depósitos de ferrazo no porto de Vilagarcía e a sentenza condenatoria sobre os recheos no porto de Marín. Pendentes de resolver xudicialmente os recursos sobre o emprazamento de Reganosa, que en primeira instancia dan a razón a denuncia presentada por Esquerda Unida, afirmamos a nosa determinación de acompañar o rexeitamento cidadá dunha planta de gas ilegal e perigosa  para a vioda de milleiros de persoas e para a riqueza que alberga a ría de Ferrol.

Ferrol, 3 de decembro  de 2009

Grupo Municipal de Esquerda Unida

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
3 de dezembro de 2009 13:46


Prezad@s amig@s: achegamos un Informacións de EU desmentindo o arquivo da denuncia  presentada diante do Parlamento Europeo polo emprazamento ilegal da planta de gas de Reganosa. Grazas pola vosa atención. Un saúdo, Ramiro Marier


Web de Esquerda Unida:
http://www.esquerdaunida.org/
____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon