- ESQUERDA UNIDA REXISTRA NO CONGRESO UNHA BATERÍA DE PREGUNTAS PARLAMENTARIAS EN RELACIÓN COS PROBLEMAS QUE ESTÁN A TER OS GASEIROS PARA ENTRAR NA RÍA
- EU RECLAMA DO GOBERNO MEDIDAS PARA EVITAR OS CONTINUOS ATRANCOS NA ENTRADA DE GASEIROS
- O GRUPO PARLAMENTAR NO CONGRESO AVOGA POLA RETIRADA DA AUTORIZACIÓN DE FUNCIONAMENTO DA PLANTA
O Grupo Parlamentar de EU no Congreso rexistrou unha batería de preguntas parlamentarias en relación coa sucesión de atrancos que están a ter os gaseiros na entrada da ría de Ferrol, consecuencia do inaxeitado do emprazamento no interior da ría da planta de gas de Reganosa, localización que a fai ilegal e perigosa.
A iniciativa parlamentar inscríbese na ofensiva política que Esquerda Unida está a desenvolver tanto no Congreso dos Deputados canto no Parlamento Europeo para desmantelar unha instalación ilegal e perigosa, que non cesa de ameazar de xeito cotián á poboación de Ferrolterra.
As preguntas interésanse pola continua sucesión de incidentes que estánse a producir como resultado da entrada de gaseiros na ría de Ferrol e require do Goberno resposta acerca das medidas a adoptar para evitar este risco continuo sobre a cidadanía de Ferrolterra.
Doutra banda, interrógase ao Goberno acerca da conveniencia e necesidade de revogar a autorización de funcionamento da planta de gas diante da nova planificación enerxética que fai totalmente prescindible a actual planta de gas e toda vez que hai tres sentenzas xudiciais – certo que recorridas – contrarias a actual planta de gas.
A nosa organización está certa do valor primordial da seguridade e, xa que logo, insta ao Goberno do Estado a fuxir da súa condición de refén de intereses económicos que antepoñen o lucro privado á vida e seguridade da nosa cidadanía. Ínstao a revogar a devandita autorización de posta en funcionamento.
Ferrol, 15 de decembro de 2009
GRUPO MUNICIPAL DE DE ESQUERDA UNIDA
Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
15 de dezembro de 2009 15:17
Prezad@s amig@s: achegamos un segundo Informacións en relación coa iniciativa parlamentar de EU no Congreso diante dos continuos atrancos dos gaseiros na entrada da ría. As preguntas demandan medidas de resposta para enfrontar este risco e achegan a demanda de revogar a autorización de posta en funcionamento da planta, xa que non resulta necesaria coa nova planificación enerxética e ten 3 sentenzas xudiciais en contra, aínda que recorridas. Grazas polo voso interese. Un saúdo, Ramiro Marier (Grupo Municipal de EU).
____________________
Web de Esquerda Unida:
http://www.esquerdaunida.org/
___________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon