- O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA DEMANDA A CONVOCATORIA URXENTE DA XUNTA DE VOCEIROS PARA RESPOSTAR Á PROBLEMÁTICA SEN RESOLVER DO CEIP MANUEL MASDÍAS
- YOLANDA DÍAZ, VOCEIRA DO GRUPO, RECLAMA UNHA ACCIÓN CONCERTADA DE TODOS OS GRUPOS PARA ESIXIR DA CONSELLARÍA QUE ATENDA AS NECESIDADES DE PROFESORADO DE APOIO QUE NECESITA O CENTRO
A petición de Esquerda Unida obedece a inaceptable resposta – fuxida cara a un adiante que semella ningures – que dá a Xefa Territorial do Departamento da Consellaría de Educación, contestación na que a devandita responsable informa que o CEIP Manuel Masdías xa ten os profesores necesarios para atender correctamente as nenas e nenos escolarizados nel.
A realidade é teimuda e desmente o deixar pasar do Goberno do PP en relación coa necesidade expresada de maneira reiterada polo centro, docentes e Consello Escolar, pola cidadanía ferrolá e máis polo Pleno do concello de Ferrol: as políticas de integración que desenvolve o centro escolar de Caranza requiren un profesorado de apoio do que adoecen.
Esquerda Unida considera urxente manter unha reunión dos voceiros dos Grupos Municipais para conquerir unha resposta firme e unitaria de todos os partidos con representación no concello que pese na Consellaría de Educación e faga que esta reaccione e atenda as necesidades de profesorado de apoio que require un centro con un amplo número de alumnado con necesidades educativas especiais.
Ferrol, 15 de decembro de 2009
GRUPO MUNICIPAL DE DE ESQUERDA UNIDA
Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
15 de dezembro de 2009 16:03
Prezad@s amig@s: achegamos un segundo Informacións do Grupo Municipal de EU sobre a nosa petición dunha reunión urxente dos Voceiros dos Grupos Municipais para respostar de maneira unitaria e firme á contestación inaceptable da Consellaría de Educación sobre as demandas de profesorado de apoio reclamado polo centro e o conxunto da cidade. Grazas pola atención. Saúdos, Ramiro Marier (Grupo Municipal de EU).
____________________
Web de Esquerda Unida:
http://www.esquerdaunida.org/
___________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon