Ante o anuncio de que un novo gaseiro coa súa perigosa carga, para Reganosa, ten pensado entrar na Ría de Ferrol, este Venres 15 de Xaneiro de 2010, o Comité Cidadán convoca unha acción de protesta e denuncia, para o mesmo día ás 7 da tarde diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada García de Ferrol. Unha concentración sonora ante o que ven ser o buque metanero número 1 do ano 2010 e o 59 desde que entrara o Galicia Spirit en Maio de 2007.
Unha vez máis Reganosa, coa complicidade das autoridades locais, autonómicas e centrais, veñen a aumentar o perigo potencial que xa de por si ten a presencia da planta regasificadora, instalada irresponsabelmente no corazón da nosa Ría.
Características do buque: Nome.- Iberica Knutsen, Bandeira .- Noruega, Eslora.- 277 m, Manga.- 43.40 m, Calado Máximo.- 12.10 m, Puntal.- 26 m, Capacidade.- 173.000 m³ (1)
(1) A capacidade máxima autorizada, pola legislación vixente, para a entrada na nosa Ría deste tipo de buques é de 140.000 m3.
Os contínuos incumplimentos da normativa establecida incrementan a situación de risco e perigosidade a que constantemente está sometida a población de Ferrol e comarca.
O movimento social que se opon a Reganosa, coa forza moral que lle dan os seus argumentos, vai seguer loitanto contra o despropósito gasístico, porque é perigoso, irracional e corrupto.
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
_________________________
Enlaces con historia:
- Colectivo Ártabra 21: Água das fontes calai, ó ribeiras chorai, que eu não volto a cantar
- Colectivo Ártabra 21: De novo abortado o intento de entrar na Ría do buque gaseiro Galicia Spirit, con destino á Planta Regasificadora de REGANOSA en Mugardos [08.05.2007]
- Colectivo Ártabra 21: O Comité de Emerxencia da Ría de Ferrol, está alerta polo anuncio dunha eminente entrada dun buque gaseiro cargado de GNL na Ría de Ferrol
- Colectivo Ártabra 21: Abortado o intento do buque GNL, de entrada na Ría de Ferrol [07.05.2007]
- Colectivo Ártabra 21: Fotografías do bloqueo ao Galicia Spirit na Ría de Ferrol, cando pretendia entrar con GNL para REGANOSA
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon