martes, xuño 01, 2010

Membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e da Asemblea Cidadá autoinculpáronse hoxe no Xulgado

Tags


[Para entrar no carrusel de diapositivos clicar acima da foto]

Membros do Comité Cidadán de Emerxencia autoinculpáronse hoxe no Xulgado

Hoxe martes dia 1 de Xuño as 11.30h os membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acudiron aos xulgados de Ferrol para presentar un escrito de autoinculpación dirixido á Fiscalia, diante do proceso aberto contra 60 mariscadores da Confraria de Ferrol polo feitos acaecidos en Maio de 2007, cando foi impedida a entrada na nosa Ría do buque gaseiro Galicia Spirit cargado con GNL para subministro da planta de Reganosa. Unha acción decidida polo CCE e na que participaron representantes dos diferentes colectivos que forman parte do CCE e da Asemblea Cidadá .

Os asinantes do documento estiveron acompañados por unha representación dos mariscadores da Confraría de Ferrol imputados polos feitos.

Lembróuse que a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior da Ría a pesares das sentencias de ilegalidade dictaminadas polo TSXG, constituen a raíz do problema. De ahí o compromiso do CCE durante 10 anos de loita contra a sua ubicación na defensa da legalidade, da vida, da Ría e do Patrimonio.

Carrusel de diapositivos en alta resolución

Álbum fotográfico para baixar fotos

--
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com

www.comitecidadan.org

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia

-comitecidadan@gmail.com-
1 de junho de 2010 16:56
___________________

Enlaces relacionados:

Ártabra 21: Inculpación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol no proceso aos 60 Mariscadores, pola acción que impideu a entrada do "Galica Spirit" na Ría de Ferrol

Ártabra 21: O Comité Cidadán de Emerxencia organiza un Festival Solidario coa Xente do Mar: Venres 4 de Xuño de 2010

Ártabra 21: O "Galicia Spirit" na memoria: posíbel procesamento de 60 persoas no transcurso da loita contra Reganosa
_______________________

2 comentarios

Non estaría de máis poñer a relación de autoinculpados

Non estaría de máis poñer a relación nominal de autoinculpados


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon