martes, xuño 01, 2010

A parrhesia: a mantenta da solución da Unión Europea á crise de Grecia - Video da intervención de Daniel Cohn-Bendit, no Parlamento Europeo

Tags

O 5 de Maio de 2010, o Parlamento Europeo, reunia-se en sesión plenaria para abordar a Preparación do Cume de Xefes de Estado e de Goberno da Zona-Euro do 7 de Maio de 2010. Unha das intervencións no debate foi do eurodiputado Daniel Cohn-Bendit [*] do groupe Verts/ALE. Intervención que merece ser reproducida e espallada a todos os ventos. Desde Ártabra 21 contribuímos a que estas verdades saían á luz no monitor dalgunhas persoas que seguen o noso sitio na rede.


Por Pedro Olalla
11.05.2010

Desde Atenas, na Grecia

Apenas catro frases -uns escasos fragmentos de Eurípides, Isócrates, Demóstenes e Polibio- dannos a coñecer unha virtude -tamén escasa- que os antigos atenienses reclamaban como necesaria para o sostemento da democracia: a parrhesia. Mentres que a isegoria era un dereito -o dereito á igualdade no uso da palabra-, a parrhesia era algo máis: unha virtude, a virtude de atreverse a usar a palabra para dicir a verdade. Cando a democracia cambaléase por falta de parrhesia na mesma cidade en que naceu, é momento de reflexionar sobre o sentido destas antigas voces.

Fai uns días, o eurodiputado dos Verdes, Daniel Cohn-Bendit [Na Foto], falou con inusual parrhesia ante o Parlamento Europeo: "É evidente que durante catro meses estivemos mareando a perdiz. É evidente que nos equivocamos. É evidente que, con eses titubeos, estivemos dando pábulo aos mercados e á especulación. Polo menos, os membros do Consello responsables deberían dicilo, deberían dicir 'é culpa nosa'. A Sra. Merkel, o Sr. Sarkozy, non sei en realidade que papel xogan ... O que lle estamos pedindo ao goberno de Papandreou é algo case imposible de lograr. Eu pídolle a Ecofin e aos presidentes dos gobernos que pensen se eles mesmos son capaces de facer nos seus países reformas como as que lle estamos pedindo a Grecia. Canto tempo faría falta para reformar o sistema de pensións en Francia? Canto tempo necesitaría Alemaña para arranxar as súas pensións? ¡E estámoslle pedindo a Papandreou que o cambie todo en tres meses! Están sendo Uds. totalmente irracionais, e proba diso é o que agora está pasando en Grecia. Non lle estamos dando a Papandreou nin a Grecia o tempo necesario para atopar a unha solución consensuada. Non existe en Grecia unha identificación co Estado. Existe tan só o -cada cal ao seu-. E iso é lamentable. A culpa é de todos: décadas de corrupción da clase política en Grecia. Non deberiamos tratar de convencerlles con prácticas e non só con decretos? ¡O consenso fai falta crealo! E xa verán Uds. o que vai pasar en España cando empecen os problemas. Xa verán en Portugal. Quero dicir con isto que debemos inspirar unha actitude de responsabilidade, e non pedir o imposible. Creo recordar que alguén dixo fai tempo '¡Quero que me devolvan o meu diñeiro!' E agora queremos gañar diñeiro á conta dos gregos. ¡Porque diso se trata! A nós préstannos ao 1,5% ou ao 3% e nós prestámoslle a Grecia ao 3,5% ou ao 6%. ¡Estamos facendo negocio á conta dos gregos e iso é inadmisible!"

"Doutra banda, Europa tamén pode tomar iniciativas. Guy Verhostaff ten razón cando fala dun Fondo Monetario Europeo, dun fondo de investimento e solidariedade. Para levar a cabo un préstamo europeo habería que modificar os tratados. ¡Pois adiante, camaradas, a modificar os tratados! ¡Na nosa man está tomar iniciativas! Se o Consello é incapaz de facelo, hagámoslo nós, desde este Parlamento. Cremos dunha vez un Fondo Monetario Europeo que poida pór freo á especulación. Ademais, pídolle ao Consello que lle diga ao FMI que a Oficina Internacional do Emprego debe tomar cartas no asunto do que está pasando en Grecia. ¡Trátase de persoas, non debe decidir só o Diñeiro! ¡Son as institucións europeas e internacionais do emprego as que deben pór freo ao delirio dos financeiros!"

"E finalmente, existe tamén outro xeito de prestar axuda aos orzamentos de Grecia: tomar dunha vez a iniciativa, como Unión Europea que somos, de fomentar o desarmamento na rexión. Unha iniciativa política para o desarmamento entre Grecia e Turquía. Unha iniciativa política para que as forzas armadas turcas se retiren do norte de Chipre. ¡Se no fondo somos uns hipócritas! Nos últimos meses, Francia vendeulle seis fragatas a Grecia por 2.500 millóns de euros. Helicópteros por 400 millóns. Rafale de combate por 100 millóns cada un. Os meus 'espías' non souberon dicirme se foron 10, 20 ó 30 ... E Alemaña vendeulle a Grecia outros 6 submarinos por outros 1.000 millóns. ¡Máis transparencia! ¡Se somos uns absolutos hipócritas! ¡Prestámoslles diñeiro para que nos compren armas! Se somos de verdade responsables, garantamos entre todos a integridade territorial de Grecia. Creo que aplicar estes recortes é máis eficaz que recortar soldos de menos de mil euros. Eu pídolle á Comisión un pouco de xustiza".

Teñen que ver Uds. as caras de póker dos eurodiputados, as gargantas tragando saliva, as miradas cruzadas, os tensos silencios, as covardes palmaditas que resoan ao final do discurso? Políticos e cidadáns, ver o video e asistir en vivo a unha lección de parrhesia.

Fonte: lapasiongriega.blogspot.com

L'eurodéputé Daniel Cohn-Bendit s'exprime avec force sur l'aide financière à la Grèce.
O eurodiputado dos Verdes Daniel Cohn-Bendit fala con inusual parrhesia ante o Parlamento Europeo.


Fonte: http://www.youtube.com/watch?v=wg5SU_bDNsA

Enlace coa reprodución da intervención no sitio oficial do Parlamento Europeo nos videos do debate completo no Parlamento Europeo, con todas as intervencións [16:15:11 - Inicio das intervenciones a 17:14:43 - Fin das intervenciones]:

europarl.europa.eu

[*] Daniel Cohn-Bendit nasceu na França, filho de judeus alemães refugiados na França em 1933 fugidos do Nazismo. Aos 14 anos, optou pela nacionalidade alemã porque, segundo ele, não queria se sujeitar ao serviço militar francês.

Membro da Federação Anarquista, e depois do movimento "Negro e Vermelho", ele se definiu mais tarde como liberal-libertário. Em 1967, enquanto é estudante de Sociologia da faculdade de Nanterre, começa o movimento de contestação que levará ao Movimento de 22 de Março em 1968. É colocado na "lista negra" dos estudantes da faculdade. Na seqüência da evacuação das salas pela polícia en 2 de maio, está entre os estudantes que ocupam a Sorbonne em 3 de maio. Será, junto com Alan Geismar e Jacques Sauvageot, uma das principais figuras de Maio de 68. Em 21 de maio, enquanto está em Berlim, é proibido de retornar à França. Em 28 de maio, com o cabelo tingido e óculos escuro, volta para Sorbonne, onde é aclamado. O slogan "Somos todos judeus alemães" demonstra o apoio dos jovens a quem a imprensa chama de "Dany, o vermelho". [Fonte: Wikipedia]

________________________

O Blogue de Pedro Olalla:
http://blogs.lne.es/pedro-olalla/
_________________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon