O 15 de Decembro de 2010, vai ter lugar unha Xornada de Loita Obreira , con folgas xerais e manifestacións, en moitos territorios da Europa. Na Galiza e Euskal Herria, a CIG e ELA, LAB, STEE-EILAS, EHNE e HIRU, van-se mobilizar e no conxunto do Estado Español, CCOO e UGT teñen convocado para o 15 e 18 de Decembro. En Portugal o pasado 24N tivo lugar unha exitosa "Greve Geral". Tamén en moitas cidades e territorios europeos, ... en Irlanda, Grecia, Portugal, Alemania, Chequia, Hungría, ... nos estados Frances, italiano, ...
En Bruxelas, o vindeiro 15 de Decembro, unha delegación da Confederación Europea de Sindicatos (CES) e outras organizacións sindicais, teñen convocada unha ación ao redor da sede da Comisión Europea no edificio Berlaymont, para simbolizar o pretón de cinto que nos están esixindo á Clase Traballadora, coa aplicación das políticas neoliberais, con importantes perdidas de conquistas e dereitos laborais, económicos e sindicais, mermando o benestar de traballadoras e traballadores.
Mobilizacións da CIG para o 15D
Concentracións da CIG nas oficinas do INEM, o día 15, para exixir o mantemento da axuda de 426 € a parados sen prestacións.
A central sindical quere manifestar a súa solidariedade con este colectivo e denunciar que, ao tempo, o goberno elimina o imposto de sociedades e privatiza Aena e Loterías.
O próximo día 15 de decembro, a CIG celebrará asembleas de delegad@s en todas as cidades e convocará concentracións diante das oficinas do INEM, para exixir do goberno que se manteña a axuda de 426 euros para os parados que esgotaron a prestación por desemprego e para manifestar a súa solidariedade con este colectivo que se verá abocado, segundo afirmou Suso Seixo, secretario xeral “á marxinación e á pobreza”, mentres se manteñen as medidas de apoio ao capital financeiro [>>> Ler máis].
Mobilizacións de SN de CCOO de Galicia para o 15D
O Consello Nacional de CCOO rexeita as últimas medidas do Goberno, que serán contestadas nas mobilizacións dos días 15 e 18
02-12-2010.- O Consello Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, reunido hoxe, rexeitou as últimas medidas do Goberno español anunciadas polo presidente Zapatero, que xustifican máis aínda se cabe as mobilizacións convocadas conxuntamente con UGT para os vindeiros 15 e 18 de decembro. [>>> Ler máis].
Mobilizacións de UGT-Galicia para o 15D
O Comité Nacional de UGT-Galicia anuncia que se vai manter a resistencia sindical contra as políticas de axuste do Goberno que se materializará nas vindeiras datas con dúas mobilizacións, o 15 e 18, e unha ILP
O Comité Nacional de UGT-Galicia considera que a folga xeral do 29 de Setembro mostrou claramente o rexeitamento a unhas medidas que implican a maior regresión social rexistrada nos 33 anos de democracia, ademais, quedou acreditado que os sindicatos poseen case en exclusiva o potencial organizativo para a imprescindible coordinación internacional da resistencia organizada aos plans de austeridade e axuste neoliberal.[>>> Ler máis].
Mobilizacións en Euskal Herria contra os orzamentos
Manifestacións en Gasteiz e Iruñea contra os orzamentos
Os sindicatos que conforman a maioría sindical, ELA, LAB, STEE-EILAS, EHNE e HIRU convocaron manifestacións para os días 15 e 23 de Decembro en Gasteiz e Iruñea para denunciar os orzamentos antisociais dos gobernos de Hego Euskal Herria. [>>> Ler máis].
Mobilizacións da CES para o 15D
A CES ratifica a convocatoria de Xornada de Acción Europea do 15 de decembro
O Comité Executivo da CES, reunido en Bruxelas durante os días 1 e 2 de Decembro,- á reunión asisten en representación de CC OO Ignacio Fernández Toxo e Javier Doz -, criticou a irresponsabilidade dos dirixentes políticos europeos que, obsesionados só pola redución dos déficits públicos e a realización de reformas neoliberais, móstranse completamente incapaces de gobernar os mercados da débeda. Así mesmo ratificou a convocatoria de Xornada de Acción Europea do próximo 15 de Decembro contra as políticas de austeridade e axuste orzamentario impulsadas polas institucións europeas.[>>> Ler máis].
Centrais Sindicais:
- Central Obreira Galega - COG
- Confederación Galaica da - CNT/AIT
- Confederación Intersindical Galega - CIG
- Confederación Unitaria de Traballadores - CUT
- Confederación Xeral do Traballo en Galicia - CGT
- Sindicato Nacional de CCOO de Galicia - CCOO
- Unión Xeral de Traballadores en Galicia - UGT
- Unión Sindical de Traballadores Galegos - USTG
Confederacións Internacionais:
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon