sábado, maio 14, 2011

Os pasados 6 e 13 de Maio, entraron na Ría de Ferrol, dous buques gaseiros cargados para Reganosa, o Comité Cidadán voltou denunciar este despropósito gasista - Vídeos - Galería Fotográfica

Tags

Blog solidario coa veciñanza de MeáOs pasados 6 e 13 de Maio de 2011, entraron dous buques gaseiros na Ría de Ferrol, cargados con miles de toneladas de LNG/GNL para a ilegal e perigosa Reganosa.

O  LNG "Finima" e o "Norman Lady" que son os nomes dos buques, 90 e 91 gaseiros, desde que entrara, en Maio de 2007, o "Galicia Spirit" ...

A entrada na Ría destes buques, fixo saltar a alarma social do despropósito gasista que é Reganosa, instalada no corazón da nosa Ría, a poucos metros dos núcleos de poboación, poñendo en perigo ás miles de persoas que moramos na súa contorna.

O inesperado terremoto de Lorca, é un desastre natural que nos ten que facer pensar. A Ría de Ferrol está sobre unha falla na que xa se teñen producido terremotos, polo de agora de pouca intensidade, mais isto é un aviso que nos indica que a Planta de Gas nunca se debeu construír en Mugardos, tan próxima a núcleos de poboación. E se aínda por acima, sabendo que isto foi así para especular e saciar a cobiza dos corruptos, máis indignación nos ten que causar e esixir o seu desmantelamento xa.

O Comité Cidadán de Emerxencia, como ven sendo habitual, convocou novas concentración, como ven sendo habitual, para denunciar e protestar ante o despropósito gasista.

Os que seguen son os vídeos que recollen as intervencións nas dúas concentracións:










Galería Fotográfica:

Concentración do 6 de Maio de 2011, en Ferrol, na Praza de Amboaxe.


Concentración do 13 de Maio de 2011, en Ferrol Vello, no Porto.


As 10 razóns:
http://dez-razons-reganosa-non.blogspot.com/

Colectivo Ártabra 21:
http://artabra21.blogspot.com/

Comité Cidadán de Emerxencia:
http://cociudem.wordpress.com/


APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon