luns, maio 16, 2011

Concentración en Ferrol de Democracia Real Xa!


Este domingo decenas de miles de cidadáns e cidadás saíron ás rúas da maioría das cidades de todo o Estado convocados polo movemento “Democracia real xa” para mostrar a súa desconformidade co actual sistema político e económico, esixindo un cambio de rumbo e priorizando as políticas sociais e a participación cidadá sobre os recortes que se están levando a cabo desde as distintas administracións no marco de a crise capitalista actual.

Estas mobilizacións amosan a preocupación e indignación dos cidadáns polas consecuencias da crise económica e a resposta política á mesma, pola indefensión do cidadán de a pe fronte á corrupción dalgúns políticos, de empresarios e banqueiros.

Reclamouse que os poderes públicos respecten dereitos básicos como a vivenda, o traballo, a cultura, a saúde, a educación, a participación política, o libre desenvolvemento persoal e o dereito ao consumo dos bens necesarios para unha vida sa e feliz.

Tamén reclamaron cambios na Lei Electoral “que ofrezan vías para unha auténtica participación cidadá”, e avogou por “o fin das subidas de impostos indiscriminadas e a privatización do sector público”.

En Ferrol a concentración que reuniu preto de 1000 persoas tivo lugar na Praza de Armas, onde se deu lectura ao manifesto da Plataforma e a unha carta remitida por José Luís Sampedro, animando á cidadanía á participación activa en defensa do Estado de Benestar.

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:

Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
16 de maio de 2011 00:50
________________

Enlace relacionado:

15 de Maio - En Ferrol tamén vai ter lugar unha mobilización do movimento Democracia Real Xa - Manifesto - Vídeo - Carta de José Luis Sampedro !
____________________________

1 comentarios so far

Penso que estades a confundir a tentativa encoberta de reconstituir a extrema direita, organizando à clase media vida a menos e ao proletariado empobrecido, cunha mobilización progresista. Indudábelmente a mobilización ten sentido, mas a orientación de DRY é claramente liberal nos seus fundamentos. A isto chama-se-lle anarco-capitalismo e ben sendo o que caracteriza à nova extrema direita no norte de Europa.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon