mércores, novembro 09, 2011

O "LNG Enugu", un buque gaseiro cargado con miles de toneladas de GNL/LNG anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Xoves 10 de Novembro - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, desta vez ás 7 da Tarde en Esteiro, na Praza do Himno Galego

Tags



CONCENTRACIÓN EN ESTEIRO,
NA PRAZA DO HIMNO GALEGO

XOVES 10 DE NOVEMBRO,
DESTA VEZ ÁS 7 DA TARDE

O "LNG Enugu", un enorme buque, cunha eslora que supera os 285 metros, de grande capacidade, e con moito calado (12,37 metros), cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Xoves 10 de Novembro de 2011. Esta entrada, supon xa a 104, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Xoves, ás 7 da Tarde [Ǹovo horario de inverno para as concentracións] mais desta volta a Concentración terá lugar no barrio de Esteiro, na Praza do Himno Galego. Nunha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas. Ademais de difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.



Características do buque.
Nome: "LNG Enugu", Bandeira: Bermudas, Eslora: 285.4 m, Manga: 43.4 m, Puntal: 26 m, Calado: 12.37 m, Capacidade.- 145.000 m3.

  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
9 de novembro de 2011 00:09
---
APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon