domingo, marzo 04, 2012

Hoxe, domingo 4 de marzo, ás 12 do mediodía na Graña, en solidariedade coa veciñanza pechada no consultorio e pola defensa da sanidade pública

Aínda que chova, "Móvete pola Sanidade Pública". Hai paraugas e chuvasqueiros. Non faltes á cita de hoxe, Domingo 4 de Marzo de 2012, ás 12 do mediodía na Graña,  en solidariedade coa veciñanza pechada no consultorio e pola Defensa e Promoción da Sanidade Pública.

Veciñas e veciños, levan días pechados no consultorio médico d'A Graña, representantes da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol, están ao pé da veciñanza axudando na súa xusta loita, en defensa dun servizo público esencial para a súa saúde e calidade de vida. Non queren perder o que é unha conquista co 70 anos de antigüidade. Temos que gañar e só gañaremos se somos moitos e moitas demandando o que é de xustiza: Médico, ATS e Consultorio n'A Graña. Onte estivemos n'A Capela demandando o novo Centro de Saúde comprometido, hoxe estaremos n'A Graña, mañá ... en todas as mobilizacións contra os recortes, contra esta Estafa chamada "Crise". Non faltes !!

Enlaces relacionados:

Ártabra 21: Veciñas e veciños d'A Capela acudiron á chamada do seu Alcalde, Manuel Meizoso e da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol - Vídeo

Ártabra 21: A veciñanza da Graña continua na loita pola defensa do Consultorio Médico - O Domingo 4 de Marzo concentración cidadán pola Defensa da Sanidade Pública - A loita veciñal nos medios
____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon