Concentración do Sábado 3 de Marzo de 2012 n'A Capela
Veciñas e veciños d'A Capela acudiron á chamada do seu Alcalde, Manuel Meizoso e da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol. Pasadas as 11 da mañá, foron moitas as persoas que se concentraron diante do actual Centro de Saúde.
En primeiro lugar dirixiu-se á veciñanza o Alcalde da localidade, para reclamar-lle á Xunta de Galicia a construción do novo Centro de Saúde para A Capela, centro comprometido no seu momento. A construción do mesmo quedou paralizada pola Xunta de Galicia, xunto con outros centros das comarcas (Ares, Cedeira e Narón).
Miguel López, portavoz da mencionada Plataforma fixo a lectura do comunicado público en apoio das reivindicacións da veciñanza d'A Capela e denunciou as políticas e xestión da Xunta para a sanidade pública galega, facendo fincapé en como afectan esas políticas na Comarca.
Lois Méndez, tamén da Plataforma, falou da loita veciñal polo Consultorio d'A Graña e chamou a amosar a solidariedade d@s presentes e a participar na concentración cidadá que terá lugar mañá Domingo, 4 de Marzo.
O acto cidadán continuou, para promocionar a Iniciativa Lexislativa Popular -ILP- en defensa da Sanidade Pública que leva adiante a Plataforma S.O.S. Sanidade Pública e recoller sinaturas para a mesma.
http://youtu.be/X6YbLe2iSJg
Blogue da Plataforma:
http://plataformadspferrol.blogspot.com/
MAÑÁ, DOMINGO 4 DE MARZO, VEMO-NOS N'A GRAÑA, ÁS 12 DO MEDIODÍA, EN SOLIDARIEDADE COA VECIÑANZA, EN DEFENSA DO CONSULTORIO E A DESIGNACIÓN DUN NOVO MÉDICO [+INFO]
___________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon