Unha delegación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, mantivo unha reunión, este Luns, 19 de Xuño, na Consellería de Industria con Anxo Calvo Silvosa, actual Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas, da Xunta de Galicia, acompañado, este, por Luís Barcia Delegado Provincial da Coruña. Esta foi a segunda entrevista, pois a primeira tivo lugar o pasado 22 de Marzo no Parador de Turismo de Ferrol. Pola importancia destas reunións, convidamovos a que vexades a boa e elaborada información que, ao respeito, hai no sitio na rede do Comité Cidadán.
Información referente á primeira reunión mantida co Director Xeral en Ferrol o 22 de Marzo deste 2006 e o completo informe que se lle enviou o dia 30 do mesmo mes.
Relatorio do Comité sobre a entrevista mantida este 19 de Xuño en Compostela na Conselleria de Industria.
VISITA O BLOG DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, É MOI INTERESANTE E NEL PODES VER TODA A INFORMACIÓN SOBRE A ACTIVIDADE DO PROPIO COMITÉ E SOBRE A PLANTA DE GAS DE REGANOSA:
http://comitecidadan.bitacoras.com/
Nota.-
O Comité Cidadán de Emerxencia é unha plataforma que agrupa a máis de medio centenar de entidades locais contra a ubicación dunha planta de gas de Reganosa no interior da ría ferrolá.
Aclaración.-
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, non forma parte da Plataforma Ártabra 21, mais a nosa Plataforma na súa Asemblea Constituinte acordou unha resolución de rexeitamento da planta de gas de REGANOSA e de apoio ao comité Cidadán.
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Planta de Gas: fóra da Ría
Información sobre as entrevistas mantidas co Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas polo asunto da Planta de Gas de REGANOSA
mércores, xuño 21, 2006
Información sobre as entrevistas mantidas co Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas polo asunto da Planta de Gas de REGANOSA
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan mércores, xuño 21, 2006
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon