Sartaña [*]
J.F.K.
Poucas veces ten o cidadán de a pé a oportunidade de observar ao vivo e en directo a cara máis noxenta da indignidade da cobardía política. Do pleno do xoves 25, no que se aprobou o proxecto de construcción dun centro de ocio e saúde na praza de Sartaña falouse moito, pero con pouca profundidade (agás excepcións).
Máis aló de episodios anecdóticos referidos a broncas, insultos, etc., debidos máis que nada á desesperación de moitas familias, o verdadeiramente importante non se analiza.
Porque o que se dilucidaba nese pleno era a consumación da ignonimia que supón a construcción dese adefesio arquitectónico en Sartaña. E, sobre todo, a expectación estaba centrada na fórmula de voto que ía desempeñar o Partido Popular, así como a súa explicación. Pois ben, o seu portavoz fixo unha exhibición de divagacións, sen explicar á opinión pública, con claridade e rigor, punto por punto, o que sucedeu no seu grupo municipal nestas últimas semanas, e que levou ao voto afirmativo nesta sesión. É dicir, terían que explicar ao pobo de Ferrol:
¿Por que se abstiveron nas mesas de contratación? ¿Que documentos lles faltaban? ¿Xa están aportados estes? ¿Que din estes? ¿Que é o que rematou de convencelos para votar afirmativamente? ¿Están seguros de que a obra é legal?
O seu especialista en urbanismo, o señor Evia, non abreu a boca, pese a que o público llo solicitou; grave erro tendo en conta que tiña pensado "votar en conciencia" (sic). ¿Votou en conciencia? ¿Si? Algunhas persoas que asistían ao pleno albergaban pequenas esperanzas de que cumprise a súa palabra, ou cando menos explicase o seu cambio de parecer; esperanzas que se viron frustradas co conseguinte "cabreo" posterior.
Outro grave erro do portavoz do PP foi atreverse a dubidar da representatividade dos alí presentes, por unha razón sinxelísima: a un pleno que se convoca para aprobar un proxecto poden acudir persoas que están a favor del e persoas que están en contra del. Pois ben, dos que estaban a favor, ali non habia ninguén. Polo tanto: ¿Donde está o apoio cidadán a ese proxecto? ¿E a cúpula da Asociación de Ueciños?
Tamén é ignominioso catalogar aos "veciños na defensa do parque público de Sartaña" de alborotadores, insultadores, etc. Cando é todo o contrario. Ademais de asistirlles a razón, a súa loita é impecable democraticamente; e ademais, o que verdadeiramente asombra destes veciños é a súa tenacidade, a súa constancia nas mobilizacións dende hai ano e pico; vellos e mozos inasequibles ao desalento, reforzando as súas conviccións a medida que aumentan as dificultades; así choiva, faga vento, frío ou sol, ali están.
E digo máis: as máis impresionantes, as grandísimas protagonistas son ELAS, as mulleres as señoras, coa presencia de ánimo, a rabia contida, e mirando de frente aos ollos dos que gobernan, con grande dignidade e tirando para diante...
Quero dicir tamén, contradecindo a certo prócer do periodismo local, que o xoves dimos un paso atrás, para dar tres pasos adiante; tal como o fan os ferroláns amantes das cousas ben feitas.
Esa obra é ilegal, e así se demostrará nos tribunais de xustiza; advertencia que fixo o portavoz de IU no pleno e cuxos perigos para o Concello de Ferrol só os intuiu o portavoz accidental de IF (ou así mo pareceu a min).
Polo tanto, non se preocupen os veciños/as e compañeiros/as, e non se relamban os bufóns da burguesía barrial, porque o mellor está por vir.
Por último, xa que estivo na nosa cidade.... ¡Viva Ignacio Ramonet!... (e o lector avispado xa sabe por que o digo).
[*] Publicado no Diario de Ferrol [04.06.2006]
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
venres, xuño 30, 2006
Sartaña
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan venres, xuño 30, 2006
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon