xoves, xuño 29, 2006

S.O.S Costa da Morte [29.06.2006]

Tags

S.O.S. COSTA DA MORTE

Ramon Bermejo Díaz de Rábago

A todos os que algunha vez visitáchedes Carnota, ós que amades esa terra, ós que na próxima ponte, ou nunha fin de semana , ou este verán vaiades pola nosa costa... avisarvos dunha cousa, triste, máis certa:

Facédelle as fotos que podades, filmade en video todo canto poidades, porque o que coñecedes ata o de agora vaise acabar.

Nestes días que estiven de taberneiro ocasional en Carnota puidenme enterar do futuro próximo que se aveciña neste anaco de costa virxe que nos ficaba na nosa terra. Promotoras e Inmobiliarias de Madrid estan a mercar todo canto metro cadrado se poida construir no noso Concello, son coma cen cabalos de Atila, pagan moitisimo máis do que un paisano podería pensar nunca que iba valer un ferrado.

Exemplos:

Lariño: máis de 300 vivendas proxectadas, acaban de mercar todo o terreo que hai dende a estrada xeral ó faro (alí onde estivo a carpa de Nunca Máis).

Lira: perto de mil apartamentos.

Caldebarcos: están a mercar todas as leiras.

O Pindo: xa se está a construir, e mercando o pouco que fica.

Nin os paisanos están moito dacordo con vender, pero ameazanlle con que se non venden acabaránlle por expropiar (axente urbanizador).

Contábame un empregado do Rexistro da Propiedade de Muros que os que mercan as vivendas fanno dende Madrid e por catálogo, nin sequera coñecen o lugar, chéganlle as escrituras dende Notarías de Madrid.

Nalgúns casos as promotoras regalan un apartamento na nosa costa ó mercar un de luxo en Madrid...

Se cadra é o tempo de facer revivir NUNCA MÁIS, a fin é a mesma: a defensa da nosa costa, do noso mar, da nosa paisaxe, mais desta vez o ataque non ven polo mar en forma de chapapote, ven por terra en forma de formigon armado e ladrillo. Os responsables de atallar esto son os mesmos, os poderes públicos da Xunta de Galicia. Dos Alcaldiños e os Concellos mellor esquecerse.

Aí vos vai un lema que propoño:
MORATORIA DE CONSTRUCCIÓN NA COSTA DA MORTE XA!!!

Enlace imaxens de interese
______________

Nota: Estimados amigos:

Son Ramón Bermejo Díaz de Rábago. Entre outros lugares (páxinas web, emails errantes...), na sección de Tribuna da Voz de Galicia do pasado venres 28 de xullo, Adela Figueroa, presidenta de ADEGA, asina un artigo titulado "Urbanismo na costa galega: o peor dos "Prestiges". Nel aparece o meu nome asociado a unhas palabras que en realidade corresponden a un email anónimo que está percorrendo a rede desde hai algún tempo titulado "SOS Costa da Morte". Como o seu autor escribiuno en primeira persoa, nalgún momento posterior aos reenvíos que fixen, alguén puxo o meu nome no encabezamento, e agora parece que o texto sexa meu. Pero non é así: nin escribín nin teño nada que ver coa autoría dese texto. Seguramente coma moitos de vós, ela pensou que eu era o autor, pero resulta que non é así. Outra cousa é que eu estea ou non dacordo co contido. Evidentemente, se o reenvío, enténdese que o estou. Pero non son o o autor. Por iso agora pídovos por favor que reenviedes este email para que se corrixa este malentendido, e aos que tedes nas vosas páxinas o texto colgado, que retiredes o meu nome do encabezamento.

Polo demáis, espero que o verdadeiro autor non se sinta molesto e que entenda que eu non teño nada que ver con este desaguisado. O texto en cuestión está moi ben escrito e se alguén merece un recoñecemento debe ser él, non eu.

¡Gracias pola vosa colaboración!

Un cordial saúdo,
Ramón Bermejo


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon