luns, xullo 24, 2006

Diante do relevo da concellaría de urbanismo do Concello de Ferrol

Tags

Comunicado da Plataforma Ártabra 21

A Plataforma Ártabra 21, reunida de urxencia, como consecuencia do relevo na Concellería de Urbanismo no decreto asinado polo Alcalde da corporación Municipal deste pasado día 19 de xullo, cesando ao Concelleiro de IF, Sr. Pita- Romero e nomeando novo Concelleiro de Urbanismo do PP Guilermo Evia, quere manifestar que:

1ºMoitos colectivos da cidade de Ferrol se organizaron para se defender das políticas especulativas da área de Urbanismo, coa conformidade e complicidade do Partido Popular.

2ºEsta Plataforma Ártabra21 nace pola decisión e unión dos colectivos de afectados nestas políticas agresivas, especulativas sen escrúpulos contra as prazas e espazos públicos, lembrando que noso ideario na PA21 no seu documento fundacional defende “Os espazos públicos como centro da vida das cidades e vilas fronte a exclusividade dos centro comerciais e a privatización dos espazos e servizos públicos”.

3ºLevamos parte da cidadanía de Ferrol tres anos padecendo os abusos da administración Local polo que esiximos ao Alcalde e o novo Concelleiro “un cambio de rumbo nas políticas urbanísticas a desenvolver”.

Demandamos pois un novo xiro na política urbanística no que respecta a:

PRAZA DA PORTA NOVA [Praza de España] .- Paralización urxente do chamado “Edificio emblemático”, rematando as obras sen ningún impacto visual en superficie e unha ornamentación axeitada que se podería consensuar cos axentes sociais ou concurso de ideas.

PRAZA DE SARTAÑA.- Principiar conversacións co Colectivo Sartaña de afectados. Descarte da obra do Spa e rehabilitación dunha futura Praza multifuncional.

CASAS DE RECIMIL.- Respectar os acordos plenarios do Concello e comezar as negociacións coa XUNTA de Galicia para a súa REHABILITACIÓN. Restablecer contactos e conversacións cos “Afectados de RECIMIL”

FRAGA DE MENÁNCARO.- Abandonar os Planos previstos por IF, respectando a Carballeira. Restablecer as conversas coa Comunidade Menáncaro, para conseguir recalificar a zona como rústica e trasladar a Xunta a petición de Espazo Natural protexido.

MONTES DO CHA- BRION E LEIXA.- Reunión e debate con esta Plataforma desde a iniciativa de declaración de Patrimonio Cultural e Natural das Fragas de Leixa e por unha ordenación do territorio racional e sen localismos que ostaculizan os proxectos industriais da comarca e fan xurdir proxectos irracionais como o dos montes de Cha-Brión. Todo plano de desenvolvemento debe contar cunha amplia participación ciudadán, ser sustentábel e ter unha visión comarcal do mesmo.

Outros temas importantes de urbanismo son:

- Ferrol- Vello, que precisa unha rehabilitación e estudo dun Plan Especial.

- Sánchez Aguilera, precisa un novo convenio co Ministerio de Defensa para a recuperación integral destes terreos para o Concello de Ferrol con fins sociais, Residencia da Universidade.

- Inferniño, urbanización do barrio e negociación dos terreos con RENFE para o futuro Parque Urbano desta zona.

- San Xoán, ordenación con criterios non especulativos da futura urbanización do Bertón.

- Canalizar as demandas urbanísticas veciñais doutros barrios como Esteiro, Canido, Barrio da Magdalena, A Graña, a Zona Rural, etc.

Queremos que se abra unha nova etapa de PARTICIPACIÓN CIDADÁN nas diferentes mesas sectoriais, neste caso abrir un vía de diálogo e colaboración entre os diferentes colectivos e axentes sociais en materia de Urbanismo que de seguro sairán moitas conclusións en beneficio da cidadanía e do pobo de Ferrol.

Ferrol a 21 de Xullo de 2006.

Asdo. A Xunta Coordinadora .-
Carlos Gª Seoane
José R. Jove
X.Fernandez
Inácio Martinez
Xosé M. Sanxoán


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon