martes, xullo 11, 2006

Roteiro Litoral Ría de Ortigueira, este Domingo, 16 de xullo do 2006

Tags


A hora de encontro será ás 10.15 na estación de FEVE de Ferrol e a hora de chegada ás 21.10h.

Este roteiro, organizado por Verdegaia Ferrol, Eume e Ortegal, é axeitado para tódalas idades, xa que a dificultade é baixa, case podería considerarse un paseo. Trátase de disfrutar do contorno, das paisaxes...polo que non teremos ningunha présa e faremos varias paradas explicativas. Tamén visitaremos o muíño de vento situado no Campo da Torre que foi recentemente restaurado.Ademais xantaremos no lugar e se o tempo nos acompaña teremos tempo de sobra para un chapuzón na praia de Morouzos O obxectivo é, por un lado fomentar o uso do transporte sostíbel desprazándonos en tren a este bonito lugar e por outro achegar á cidadanía en xeral o coñecemento da ría de Ortigueira, que conta con varias figuras de protección formando parte da Rede Natura 2000.

Qué hai que levar?

Pois calzado cómodo, bañador e toalla, xantar, auga, prismáticos, cámara fotográfica, crema protectora solar, gafas de sol e gorra.

Agardámoste.

Máis información:

636958728 (Belén)

699897712 (Mónica)

Verdegaia é unha asociación ecoloxista galega sen ánimo de lucro, plural, democrática, apartidaria e independente, constituída co obxecto de contribuír desde Galiza para a defensa do ambiente e o avanzo na transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz, na procura dunha saída emancipatoria á crise ecolóxica global, por medio da investigación, sensibilización social, deseño e implementación de proxectos, presión a gobernos e empresas e acción nonviolenta


http://www.verdegaia.org/


<< Voltar ao Blog da Plataforma Ártabra 21


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon