Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal -ferrol@verdegaia.org-
19 de octubre de 2006 23:21
Responder a: "Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal" -ferrol@verdegaia.org-
Ola a todos/as:
Dende Verdegaia propoñemos un paseo guiado polas moitas fragas que conforman o espazo natural das Fragas do Eume e pola memoria dunhas formas de vida que permitiron a súa supervivencia. A actividade celebrarase o próximo domingo día 29 de outubro de 2006, saíndo ás 9:30 hs da escalinata da Oficina de Correos de Ferrol. A volta está pensada para o mesmo día ás 18:00 hs e para os desprazamentos cóntase cun microbus gratuíto. O percurso ten unha dificultade media-baixa e non se inclúe o xantar dos participantes. Sí é necesario realizar unha inscripción telefónica ou por email ata o próximo 27 de outubro.
O termo fraga define varios tipos de bosque, todos eles pertencentes aos denominados bosques atlánticos caducifolio, e é a fraga que se refuxia no val do Eume unha das máis escasas de Europa. O Parque Natural das Fragas do Eume foi declarado en 1997 e comprende 9.125 hectáreas de ladeiras que acompañan o río Eume ao seu paso polos concellos de: As Pontes, Monfero, A Capela, Cabanas e Pontedeume. Malia a súa condición de Parque Natural e Lugar de Interese Comunitario, estes bosques veñen sufrindo unha forte fragmentación e redución da súa superficie. A isto súmase o risco de contaminación e de perda do caudal do Eume e afluentes con proxectos como a transformación da mina de Endesa nun grande lago inerte, ou os xa existentes encoro e minicentral.
Data: 29 de outubro de 2006
Prazo de inscripción: até 27 de outubro.
Teléfonos:
699 89 77 12
616 03 92 68
636 95 87 28
email: ferrol@verdegaia.org
Percurso:
Area recreativa-Ponte colgante, Fraga caída, río Seco-pozo de Cal Grande, pozo da Volta, ponte colgante, Rabuñadas do Demo (límite entre cabanas e A Capela), Desembocadura río Sesil, Woodwardia radicans, dabalia canadiensis, illa de San Rosendo, fieiteiras, río Ferrerias.
Un saúdo.
Agradecemos difusión.
--
Núcleo Comarcal de Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal
Verdegaia é unha asociación ecoloxista galega sen ánimo de lucro, plural, democrática, apartidaria e independente, constituída co obxecto de contribuír desde Galicia para a defensa do ambiente e o avanzo na transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz. Foi fundada o 2 de Abril de 2006.
Máis información en http://www.verdegaia.org/
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
xoves, outubro 19, 2006
29 de outubro, Verdegaia organiza un paseo polas Fragas do Eume
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, outubro 19, 2006
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon