domingo, outubro 08, 2006

Crónica da III Asemblea Xeral da PA21

Tags

O pasado martes, día 26 de Setembro, tivo lugar no local social da Asociación Veciñal de Ferrol-Vello, a III Asemblea Xeral Ordinaria da Plataforma Ártabra 21, que comezou pasadas as sete e media da tarde.

Logo de nomear o moderador e o secretario de actas, pasouse á leitura da acta da anterior Asemblea e do informe do estado de contas que quedaron aprobados.

Valoraronse as novas peticións de incoprporación á Plataforma, en concreto tiñan solicitado a entrada: a ASOCIACIÓN VECIÑAL STª MARIÑA, a ASOCIACIÓN AMIGOS DA TERRA-CEDEIRA e TREME A TERRA DE PONTEDEUME. O representante do colectivo de Recimil e o de Sartaña, fixeron varias reflexións e consideracións á entrada da Asociación Veciñal de Santa Mariña, en concreto solicitan unha retificación do representante da Asociación Veciñal, con respecto á postura mantida polo mesmo en referencia aos conflitos do bairro de Recimil e a Praza de Sartaña. Mais como non estaban presentes na Asemblea negún representante das entidades que tiñan solicitado a entrada na Plataforma, este ponto quedou adiado até a próxima Asemblea. Este ponto suscitou un intenso debate sobre cais deberían ser as condicións que se lle deberían esixir a un novo colectivo, asociación ou entidade en xeral, para entrar na PA21. Quedando pendente este debate para a asemblea xeral na que revisemos os principios organizativos.

Realizaronse varias intervencións, para informar de propostas, proxectos e actuacións da Plataforma e as entidades que a conforman, entre asemblea e asemblea:

- Sobre as expropiacións de Canido, informouse que a nosa actuación foi simplesmente como orientadores e mediadores, para que a veciñanza afectada e a asociación veciñal do barrio entraran en contacto e realizaran unha acción conxunta. Realizaronse varias reunións de coordenación, con resultado poisitivo. A veciñanza consigueu, en pouco tempo, o apio de mais de 2.000 asinaturas que apresentaron no rexistro do Concello. As reivindicacións centranse no realoxo tanto de inquilinos como propietarios e conseguir un prezo actual de mercado para as suas vivendas. Informouse que o desafiuzamento polo de agora está paralisado.

- Sobre os incendios forestais e o voluntariado de vixilancia, houbo muitas intervencións, críticas e autocriticas, de diferente postura. Informouse que a nível de participación cidadán, na coordenación do voluntariado, realizouse unha convocatoria por parte da SGHN, ADEGA e VERDEGAIA que ainda están por analisar os seus resultados. Constatouse que hai diferentes posturas ao respecto de que papel debe cumprir a PA21, na defensa do noso monte, polo que este asunto queda adiado para a primavera do 2007.

- Sobre a Praza de Porta Nova [Praza de España] –EDIFICIO EMBLEMÁTICO. Informouse da nosa actuación como Plataforma, reafirmandonos na defensa dos espazos públicos e contra a privatización dos mesmos. A nosa actuación até agora consisteu nunha reunión extraordinaria e aberta da Xunta Coordenadora, onde valoramos o asunto e decidimos a edición dun folleto informativo que non cumprimos, enviamos unha nota de prensa nos termos que acordamos na reunión e mais tarde editamos uns autocolantes. Acordouse por unanimidade deixar que a Xunta Coordenadora elabore as actividades e accións como Plataforma para este asunto, dentro dos parametros acordados con anterioridade.

- Informouse que por tres veces se nos presentou un problema á hora de decidir se tiñamos ou non que participar como Plataforma noutras plaformas ou convocatorias. En concreto numha autoconvocatoria dunha concentración contra a agresión israelí ao Líbano e Palestina, para a participación nunha plataforma polo mesmo motivo e pola manifestación de Nunca Máis polo asunto dos lumes. Polo de agora a nosa postura, foi a de facer publicidade das convocatorias se estas están dentro dos nosos obxectivos e principios, e tramitar as diferentes convocatorias ás organizacións que integran Ártabra 21, por se queren e deciden somarse ás mesmas. Valorouse continuar como até agora, mentras non acordemos un novo regulamento que contemple un novo método áxil de consulta e decisión que permita manter outra postura.

- Informouse, por parte da Asociación Veciñal "O Rosario" do Inferniño, que elaboru un Proxecto de PARQUE URBANO do INFERNIÑO, para a zona denominada Palco das Ánimas. Valorandose moi positivo este tipo de participación cidadán, adiantandose cunhas propostas sustentábeis e de recuperación dos espazos públicos, para uso e disfrute do conxunto da cidadania. Mais información en http://www.ferrolnovo.blogspot.com

- Informouse por parte do representante do Ateneo Ferrolán da Sentenza TSXG a respecto da PLANTA DE GAS, no recurso contencioso-Administrativo interposto pola Asociación Veciñal da Parroquia de Meha (Mugardos) e outras asociacións do Comité Cidadán de Emerxencia, contra a Declaración de Efectos Ambientais do proxecto de planta de almacenamiento e regasificación de gas natural licuado. Unha sentenza que volta, por segunda vez a darnos a razon e fallar en contra de REGANOSA. A empresa e a Xunta de Galicia recorreron a decisión do tribunal. Mais info en http://artabra21.blogspot.com

- Informouse dunha proposta que fai VERDEGAIA para que a Plataforma Ártabra 21 se integre na Rede de Defensa do Litoral, vaise apresentar como rsolución na próxima Asemblea de Outubro, mentras quedou encargada Belen de VERDEGAIA de pasar toda a información sobre esta rede dado que ela xa estaba participando nas reunións que hai en Compostela para a constitución desta rede. Máis información en http://arquivosartabros.blogspot.com

- Informouse de que Cos pés na Terra que é o nome dunha nova revista electrónica ecoloxista promovida desde a asociación ecoloxista Verdegaia vai incluir un artigo sobre as plataformas sociais que nestes momentos están a traballar na defensa de diversos tramos do litoral galego. Polo que piden o envío dun texto sobre a Plataforma Ártabra 21. Este tema queda nas mans da Xunta Coordenadora.

- Informouse, da reunión que se mantivo por parte da Comunidade Menáncaro co concelleiro Guillermo Evia, segundo o cal o asunto estaba paralisado a espera dun novo informe da Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia. Mais tamém se informou de que no pleno do Concello de Ferrol a celebrar o Xoves, 28 de Setembro, había un ponto que solicitaba a aprobación definitiva do Plano Sectorial de Menáncaro. Valorouse estar antentos ao que podia suceder ao respecto deste tema. Mais información en http://menancaro.blogspot.com

- Mencionouse a necesidade que hai de investigar os riscos medioambientais de todo o complexo químico-industrial que hai en Ponta Promontorio.

- Na elección por votación do LOGO que vai utilizar a PLATAFORMA ÁRTABRA 21, saiu elexida a proposta E com 56 pontos que é a que segue:


RESOLUCIÓNS ACORDADAS na ASEMBLEA.-

Apresentaronse tres resolucións para ser aprovadas na III Asemblea da Plataforma ärtabra 21.

- Ainda que con algunhas observacións de interese sobre a falta de mención á contaminación que causan certas industrias e tamén outros asuntos, foi aprobada a resolución presentada por VERDEGAIA: SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO.

- Foi aprovada a resolución presentada pola Comunidade de Menáncaro: DEFENSA DA FRAGA DE MENÁNCARO.

A resolución proposta pola Xunta Coordenadora, sobre a Defensa da COSTA ÁRTABRA quedou desestimada, por considerarse incompleta e por conter algunhas propostas que non comparte algún dos colectivos que conforma a Plataforma. Acordouse apresentar unha nova proposta de resolución para a Asemblea de Outubro, coa consulta e colaboración de todos os colectivos e entidades que conforman a PA21.

Sobre a proposta de debate sobre princípios organizativos, non se puido constituir unha comisión para presentar un regulamento de funcionamento xuntas, comisións ou grupos de traballo, ... por falta de persoas voluntarias, só se apresentou o compañeiro Carlos Gª Seoane. Polo que o asunto quedou en mans da Xunta Coordenadora.

Renovouse a Xunta Coordenadora, cesaron Manuel Domínguez [Colectivo Fusquenlla], Xan Ramírez [Plataforma pola Defensa Patrimonial e Natural dos Montes de Brión e Leixa] e Inácio Martínez [Comunidade Menáncaro], e entraron Ernesto [ADEGA], Amadeo [Colectivo Recemil] e Miguel [Comisión Cidadá Pola Recuperación de Ferrol Vello].

A próxima Asemblea, que será a IV, terá lugar o martes, 31 de Outubro, ás 19:00 nos locais do Centro Cívico e Cultural Carvalho Calero, no Inferniño, de Ferrol. [Pendente de confirmación]

No transcurso da Asemblea participaron 26 persoas en representación dos colectivos que a continuación se relacionan:

- ADEGA-Trasancos
- Asociación Veciñal "O Rosario" do Inferniño
- Ateneo Ferrolán
- Colectivo Fusquenlla [Pontedeume]
- Colectivo veciñal de Recimil
- Colectivo veciñal pola defensa do parque público de Sartaña
- Comisión Cidadá Pola Recuperación de Ferrol Vello
- Comunidade Menáncaro
- EU-Esquerda Unida
- Plataforma pola Defensa Patrimonial e Natural dos Montes de Brión e Leixa
- Plataforma polo Transporte Público e Sustentábel de Ferrol
- VERDEGAIA [Organización Ecoloxista]


Ferrol, Costa Ártabra, a 7 de Outubro de 2006.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon