De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18-xaneiro-2007 11:52
Asunto: Esquerda Unida-IU de Ferrol apoia, convoca e participará na manifestación convocada en defensa dos espazos públicos e en contra da construcción dun macroedificio na Praza de España
Esquerda Unida-IU de Ferrol apoia, convoca e participará na manifestación convocada en defensa dos espazos públicos e en contra da construcción dun macroedificio na Praza de España e anima á cidadanía a participar nela.
Para Esquerda Unida-IU de Ferrol este edificio supón un elemento máis a sumar á desfeita da Praza de España e que foi vendido ante a cidadanía, polo Grupo de Goberno municipal, como solución á mesma e como contraprestación á empresa que realiza o soterramento do enlace da Avenida do Rei e a Avenida de Vigo pola execución desta obra sen custes para o Concello. Nembargantes, na nosa opinión, a construcción deste macroedificio de 21 metros de altura supón, ademais de romper a fisonomía propia da praza, unha usurpación dun espazo público para darlle uns usos privativos; polo tanto, ten un custe social moi elevado que a miopía gubernativa municipal non é capaz de ver e, moito menos, valorar.
O que se nos presenta como a panacea dos males da Praza de España e debido as presas políticas, que non de execución da obra, ten, ademais, apariencia de non respectar os usos do solo urbano para a parcela na que se localiza e así foi denunciado pola Federación Veciñal de Zona Urbana. Polo tanto convén aclarar estos extremos antes de continuar cun edificio que privará por moitos anos a Ferrol do desfrute dunha das súas prazas públicas máis senlleiras.
Por estos motivos, pola enfermiza privatización do solo público por parte da dereita municipal, por un urbanismo para a cidadanía, porque o solo público é de todos e todas e non duns poucos, Esquerda Unida-IU de Ferrol quere animar a toda a cidadanía a participar na manifestación do próximo día 21 de xaneiro: “Na defensa dos espazos públicos, non ao edificio na Praza de España”.
Ferrol, 18 de xaneiro de 2007
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Praza da Porta Nova
Esquerda Unida-IU de Ferrol apoia, convoca e participará na manifestación convocada en defensa dos espazos públicos
venres, xaneiro 19, 2007
Esquerda Unida-IU de Ferrol apoia, convoca e participará na manifestación convocada en defensa dos espazos públicos
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan venres, xaneiro 19, 2007
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon