luns, xaneiro 29, 2007

Salvar Ponzos - SOS Ponzos


De: salvar ponzos -sghnferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de xaneiro de 2007 21:08
Asunto: S.O.S. Ponzos

Somos veciñ@s de Covas e pedímosvos axuda para evitar a destrución desta xoia natural. Calquera aportación, por pequena que pareza, será valiosa. O blog é de tod@s, medrará.

http://www.salvarponzos.blogspot.com

¡ Hai que salvar Ponzos!

Xunta planea unha piscifactoría de rodaballo de 390.000 m2 sobre os humedais e a praia de Ponzos, en Ferrol, unha xoia natural ao pé do cabo Prioiro declarada Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e Lugar de Interese Comunitario (LIC Costa Ártabra) na Rede Natura 2000. Pedímoslle á Xunta coherencia e que non permita a destrución de tanta riqueza, que a valore, conserve e protexa. ¡EN PONZOS, ROBALIZAS!


---

3 comentarios

Sorprende que un dos directivos da Sociedade GAlega de Historia Natural, que é un defensor acérrimo da Planta de Gas na Ría de Ferrol e que mesmo ten pubicado un informe no xornal A Nosa Terra a prol de Reganosa ( Estou falando de Cesio, agora asesor da Confraríad de Barallobre, confraría que se opón a Reganosa), Sorprende que agora queira defender Ponzos.
¡ Compañeiros da SGHN debedes desprendervos de lastres como CESIO que son " la voz de su amo Paco Rodríguez" e que a ecoloxía lle preocupa ,segundo lle dicte o seu amo e señor

Estimada companheira ou companheiro Anónimo:

Este Blog, entre outras cousas, pretende ser um ponto de encontro de vontades, de opinions, informaçons, convocatórias e porsuposto críticas. Mas nom um lugar onde se insulte às pessoas.

A crítica política e social, entra dentro do opinável dentro do Blog. De feito nom fai falta inscrever-se para postar um comentário que é livre e respecta o anonimato de quem quiser, mas isso nom dá direito a insultar.

Recomendo-che que essa xenreira que amosas a reconvirtas em análise e crítica construtiva, para que tenham valor, mas nom som quem de dar conselhos. Ti verás o que fás. O que sim pido, é que nom voltes a utilizar este Blog e o anonimato para escrever de jeito ofensivo.

Obrigad@s !

Saúde !

Inácio


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon