luns, xaneiro 29, 2007

A Consellería de Política Territorial , ... , propon requerir ao Concello de Ferrol para que paralice as obras do edificio da Praza da Porta Nova

O Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña, organismo dependente da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, propon requerir ao Concello de Ferrol para que paralice as obras do edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]


O Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña, organismo dependente da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, segundo a Federación de asociacións veciñais de Ferrol "Roi Xordo" nunha entrevista concedida, hoxe, a unha emisora local de TV [Localia TV] e tamén pola nota de prensa que teñen colgada na rede [con data 29.01.2007], na súa web [http://www.roixordo.org/], propon requerir ao Concello de Ferrol para que paralice as obras do edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España], incluíndo os dous edificios destinados a cafeterías de 180 m2 de superficie e 4 m de altura; e dispoña a suspensión dos efectos do acordo plenario do Concello, aprobado no seu momento [16.03.2005] cos votos do PP e Independentes por Ferrol, por entender a Inspección que é nulo de pleno dereito.

Esta proposta de requerimento do servizo da Consellería Consellería de Política Territorial, ..., ven confirmar as demandas do movimento social ferrolán constituído en Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España], da Federación Veciñal Roi Xordo, da veciñanza opositora en xeral e da nosa Plataforma Ártabra 21 que en todo momento quixemos deixar patente a oposición á construción do edificio, por ser innecesario, por ocupar un espazo público cualificado como sistema xeral viario e por ser ilegal.

Chama a atención a mención a un delito tipificado no Código Penal, dentro do capítulo que se refire aos delitos sobre a ordenación do territorio [artigo 320] [1], que se puído ter cometido ao aprobar o acordo mencionado e a propia adxudicación das obras. Delito que contempla unha posíbel pena de prisión de seis meses a dous anos ou multa de doce a vinte e catro meses, ademais da pena de inhabilitación especial para emprego ou cargo público por tempo de sete a dez anos, contemplada no artigo 404 [2], por un delito de prevaricación.

Estamos pois diante dunha presunta infracción urbanística con posibles consecuencias penais. Pois na prposta de resolución do servizo e inspección di que “as obras denunciadas atópanse emprazadas en solo cualificado polo planeamento municipal vixente como sistema xeral viario, no que a súa ordenanza de aplicación tan só permite a implantación no subsolo de aparcamentos soterraneos públicos, preservando o carácter de dominio público do solo e subsolo. É decir, non se contempla para os sotos usos distintos do de aparcamento soterraneo nin usos edificatorios sobre a rasante do vial. “O Artigo 117 da Lei 9/2002 tipifica como infracción moi grave o incumprimento das normas relativas ó uso e edificación que afecten a terreos cualificados como dotacións ou equipamentos públicos” [3]

O movimento cidadán temos que felicitarnos pola proposta de resolución da administración autonómica, pois vén contemplar en primeira instancia as demandas sociais contra a usurpación dos espazos públicos para beneficios privados. Mais non debemos baixar a garda e continuar nas nosas xustas reivindicacións e coa convicción de que un outro urbanismo é posíbel.


Nota da Federación Veciñal Roi Xordo
[Nota de prensa en ficheiro formato privativo -doc- que está aloxado no servidor da súa web na rede, que se pode abrir ou baixar ao computador]



________________
Nota [1].-

LEY ORGANICA 10/1995, de 23 de noviembre, del Código Penal.
...
TITULO XVI
Dos delitos relativos á ordenación do territorio e a protección do patrimonio histórico e do medio ambiente

CAPITULO I
Dos delitos sobre a ordenación do territorio

Artigo 319.

1. Impoñeranse as penas de prisión de seis meses a tres anos, multa de doce a vinte e catro meses e inhabilitación especial para profesión ou oficio por tempo de seis meses a tres anos, aos promotores, constructores ou técnicos directores que leven a cabo unha construción non autorizada en chans destinados a viales, zonas verdes, bens de dominio público ou lugares que teñan legal ou administrativamente recoñecido o seu valor paisajístico, ecolóxico, artístico, histórico ou cultural, ou polos mesmos motivos sexan considerados de especial protección.

2. Impoñerase a pena de prisión de seis meses a dous anos, multa de doce a vinte e catro meses e inhabilitación especial para profesión ou oficio por tempo de seis meses a tres anos, aos promotores, constructores ou técnicos directores que leven a cabo unha edificación non autorizable no chan non urbanizable.

3. En calquera caso, os Xuíces ou Tribunais, motivadamente, poderán ordenar, a cargo do autor do feito, a demolición da obra, sen prexuízo das indemnizacións debidas a terceiros de boa fe.

Artigo 320.

1. A autoridade ou funcionario público que, a propósito da súa inxustiza, informe favorablemente proxectos de edificación ou a concesión de licenzas contrarias ás normas urbanísticas vigentes será castigado coa pena establecida no artigo 404 deste Código e, ademais, coa de prisión de seis meses a dous anos ou a de multa de doce a vinte e catro meses.

2. Coas mesmas penas castigarase á autoridade ou funcionario público que por si mesmo ou como membro dun organismo colegiado resolva ou votado a favor da súa concesión a propósito da súa inxustiza.

____________________
Nota [2].-

LEY ORGANICA 10/1995, de 23 de noviembre, del Código Penal.

TITULO XIX
Delitos contra a Administración pública

CAPITULO I
Da prevaricación dos funcionarios públicos e outros comportamentos inxustos

Artigo 404.

Á autoridade ou funcionario público que, a propósito da súa inxustiza, dictare unha resolución arbitraria nun asunto administrativo castigaráselle coa pena de inhabilitación especial para emprego ou cargo público por tempo de sete a dez anos.

Artigo 405.

Á autoridade ou funcionario público que, no exercicio da súa competencia e a propósito da súa ilegalidad, propuxer, nomear ou der posesión para o exercicio dun determinado cargo público a calquera persoa sen que concorran os requisitos legalmente establecidos para iso, castigaráselle coas penas de multa de tres a oito meses e suspensión de emprego ou cargo público por tempo de seis meses a dous anos.

Artigo 406.

A mesma pena de multa impoñerase á persoa que acepte a proposta, nomeamento ou toma de posesión mencionada no artigo anterior, sabendo que carece dos requisitos legalmente exixibles.

____
Nota [3].-

Lei 9/2002 de Ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (DO. Galicia 31 decembro 2002) modificada pola Lei 15/2004 (DO. Galicia 31/12/2004).


CAPÍTULO IV
Regras xerais para a equidistribución

SECCIÓN 1ª. Principios e criterios

Atrtículo 115. ...


Artigo 116. ...


Artigo 117. Procedemento de aprobación.

1. O expediente de aprobación do instrumento de equidistribución entenderase iniciado ao aprobarse a delimitación do polígono.

2. A iniciación do expediente de equidistribución implica, sen necesidade de declaración expresa, a suspensión do otorgamiento de licenzas de parcelación e edificación no ámbito do polígono.

3. Unha vez aprobado inicialmente polo órgano municipal competente, someterase o proxecto a información pública por prazo mínimo de vinte días a través da correspondente publicación no Boletín Oficial da Provincia, con notificación individualizada aos interesados.

A estes efectos, o municipio deberá ter a disposición do público un exemplar do expediente administrativo, con toda a documentación obrante.

4. A aprobación definitiva deberá recaer no prazo máximo de dous meses desde a conclusión do trámite de información pública. Transcorrido este prazo sen resolución expresa, o instrumento de equidistribución entenderase aprobado por silencio salvo nos supostos nos que na fase de información pública ou durante a instrución do expediente formuláronse alegaciones polos propietarios ou titulares de dereitos afectados, nese caso o silencio terá efectos desestimatorios.


______
Nota da Federación Veciñal de Ferrol Roi Xordo.-
[29.01.2007]

O Servicio de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña, dependente da Conselleria de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes comunicoulle á Federación Veciñal Roi Xordo á súa proposta de resolución do expedente de infracción urbanistica con referencia OT 107A-06/319 aberto a raíz da denuncia presentada pola Federación Veciñal Roi Xordo e por un aluvión de Cidadáns.

A resolución do Servicio de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña O Servicio de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña, en cumprimento do Ar. 118 do RDU PROPON REQUERIR Ó ALCALDE DE FERROL PARA QUE DISPOÑA A SUSPENSIÓN DOS EFECTOS DO ACORDO APROBATORIO DO PROXECTO DE URBANIZACIÓN E A INMEDIATA PARALIZACIÓN DAS OBRAS INICIADAS Ó SEU ABEIRO, E PROCEDA Á REVISIÓN DO ACORDO DO PLENO DO CONCELLO DE FERROL DE DATA 16 DE MARZO DE 2.005, QUE APROBOU DEFINITIVAMENTE O PROXECTO PARA A URBANIZACIÓN DA PRAZA DE ESPAÑA PRO SER NULO DE PLENO DEREITO

Esta resolución do Servicio de Urbanismo e Inspección Teritorial confirma na súa totalidade as denuncias presentadas pola Federación Veciñal Roi Xordo a respeito da construcción do edificio da Praza de España e que motivou incluso que se puxera en coñecemento da Fiscalia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por ser constitutivo dun delito contra a Ordenanción do Territorio.

Na resolución do Servicio de Urbanismo indicase que a Modificación puntual da revisión e adaptación do P.X.O.M de Ferrol para a reordenación dos sistemas xerais de equipamentos comunitarios, zonas verdes e espacios libres públicos no ámbito da Praza de España está pendente da súa aprobación definitiva, e que se atopa suspendida ata o cumprimento do requisito de documentación que lle foi efectuado ó Concello de Ferrol con data 9 de Novembro de 2.006.

Indicase asimismo nesta resolución que “chama a atención ó subinspector urbanístico no seu informe de data 2 de Xaneiro de 2.007 sobre o feito de que no título do proxecto obxectivo de concurso, adjudicación e aprobación se omite toda referencia á construcción do edificio de 21 metros de altura e dos sotos, cando na memoria e planos do mesmo proxetase a construcción de dúas plantas de soto e un edificio de cinco plantas que se presentan diafanas, sen mencionar o uso que se dará ás mesmas”.

Continua decindo o informe que “as obras denunciadas atópanse emprazadas en solo cualificado polo planeamento municipal vixente como sistema xeral viario, no que a súa ordenanza de aplicación tan só permite a implantación no subsolo de aparcamentos soterraneos públicos, preservando o carácter de dominio público do solo e subsolo. É decir, non se contempla para os sotos usos distintos do de aparcamento soterraneo nin usos edificatorios sobre a rasante do vial. “O Artigo 117 da Lei 9/2002 tipifica como infracción moi grave o incumprimento das normas relativas ó uso e edificación que afecten a terreos cualificados como dotacións ou equipamentos públicos”.

Nas súas consideracións xurídicas a resolución do servicio de urbanismo indica que “dos feitos que se acaban de expoñer queda suficintemente acreditado no expedente que na praza de España de Ferrol, clasificada no vixente PXOM como solo urbano de Sistema Xeral Viario, estánse a ejecutar obras de construcción de dous locais de 180 m2 de planta cada un deles e 4 metros de altura, así como un edificio de dous sotos e 5 plantas sobre rasante, infrinxindo de xeito ostensible a ordenanza que lle é de aplicación” .

Indica a continuación que “constan tamén no expedente de planeamento que non está aprobada definitivamente e publicada (requisitos indispensables para a súa entrada en vigor) a modificación puntual do PXOM na que pretendian ampararse as obras denunciadas. En consecuencia, as devanditas obras e o proxecto de urbanización do que traen causa, aprobada por acordo do Pleno de data 16 de Marzo de 2.006, ao ejecutar e autorizar un uso distinto ó de aparcamento subterraneo, unico que permite o precitado artigo 115c, nun solo dotacional de uso público, constituen unha infracción moi grave tipificada no artigo 217-2 da vixente Lei 9/2002.”

Dí tamén a resolución que “á vista do informe do secretario do Concello de data 13 de Outubro de 2.004, e que expresamente advirte de que o Concello non poderá adjudicar a obra mentras non realice a adaptación do planeamento, e do feito de que no título do proxecto técnico que foi obxeto de concurso público, adjudicación e aprobación se omitise toda referencia ó edificio emblemático, cuxa execución e claramente contraria ás previno contidas no vixente planeamento municipal para o solo cualificado como sistema xeral viario, considerase que o acordo aprobatorio do referido proxecto PUIDERA SER CONSTITUTIVO DUN DELITO SOBRE A ORDENANCION DO TERRITORIO DO ARTIGO 320 DO CODIGO PENAL. A tal efecto, e atendendo ó requerimento do fiscal, remiteselle copia deste informe proposta para a súa incorporación ás diligencias informativas nº 191/2006-Penal.”

Finaliza a resolución decindo que “de conformidade co artigo 213-2 da LOUG, as licenzas ou ordes de execución que se outorguen con infracción da zonificación ou uso urbanístico das zonas verdes, espacios libres, dotacións ou equipamentos públicos previstos no planeamento serán nulas de pleno dereito. Nestes casos, o Conselleiro competente en materia de urbanismo requerirá ao alcalde para que proceda á revisión da licenza”

A Federación Veciñal Roi Xordo, á vista desta resolución do Servicio de Urbanismo e Inspección territorial da Coruña quere manifestar que todas as súas denuncias e actuacións realizadas desde o mes de Setembro de 2.006 vense confirmadas polo organo tutelar de Urbanismo de Galicia, e que a solicitude realizada no seu día á Conselleira de Política Territorial de que asumira as competencias de urbanismo do Concello de Ferrol no relativo á Praza de España atopan hoxe a súa plena confirmación pola propia Conselleria de Política Territorial e Obras Públicas.

Asi mesmo, a denuncia presentada pola Federación Veciñal Roi Xordo na Fiscalia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vese hoxe totalmente ratificada polo propio Servicio de Urbanismo da Xunta de Galicia que califica a actuación do Concello de Ferrol como constitutivo dun delito contra a Ordenanción do Territorio.

A Federación Veciñal Roi Xordo ESIXE O ALCALDE DO CONCELLO DE FERROL A INMEDIATA PARALIZACION DAS OBRAS DO EDIFICIO QUE ESTA A CONSTRUIR NA PRAZA DE ESPAÑA. Sobre a consideración política na que queda o Goberno Municipal de Ferrol despois desta resolución do Servicio Provincial de Urbanismo no é misión da Federación Veciñal Roi Xordo pero lle solicitaríamos que actuara en conciencia.

________________

A nosa actividade como movimento social no conflicto da Praza da Porta Nova [Praza de España].-



Enlaces relacionados da Plataforma Ártabra 21:

  1. O desenvolvimento do Pleno Municipal do 25 de xaneiro, en Ferrol, segundo os medios de comunicación
  2. Solicitude para poder intervir no Pleno Municipal do Concello de Ferrol do 25.01.2007, polo asunto do edificio da Praza da Porta Nova
  3. Éxito da mobilización do domingo 21 de xaneiro, pola defensa dos espazos públicos e contra a construción do macro-edificio na Praza da Porta Nova
  4. Galería Fotográfica da Manifestación Popular, na defesensa dos espazos públicos e contra o macro-edificio na Praza da Porta Nova [Praza de España] Ferrol, 21 de xaneiro de 2007
  5. Manifesto Cidadán asinado polas entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos
  6. Domingo 21 de Xaneiro, manifestación pola defensa dos espazos públicos, non ao macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]
  7. Acordos e actividade para a Manifestación Popular do domingo 21 de xaneiro
  8. Nova reunión para decidir e preparar unha nova manifestación, contra o macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]
  9. Entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, solicitaron entrevista con diferentes organismos da administración autonómica
  10. Acordos mais relevantes da reunión das entidades convocantes da manifestación do pasado 3 de decembro
  11. Entrega do Manifesto Cidadán e solicitude de reunión urxente no Concello de Ferrol
  12. En defensa dos espazos públicos, non ao macro-edificio privado na Praza da Porta Nova [Praza de España]. Galeria fotográfica da manifestación celebrada en Ferrol o 3 de decembro de 2006.
  13. Baixo a chuvia: pequena crónica da manifestación do 3 de decembro
  14. Convocatoria dunha reunión para valorar a manifestación, para o martes 5 de decembro
  15. Manifesto Cidadán que se lerá o domingo, 3 de decembro na Manifestación Popular
  16. Convocatoria dun acto público o 1 de decembro, venres, ás 7 da tarde no Centro Cívico e Cultural Carvalho Calero do Inferniño [Ferrol]:
  17. Outro urbanismo é posíbel
  18. Convocatoria da manifestación do 3 de Decembro, en defensa dos espazos públicos
  19. Outro urbanismo é posíbel: Acto o 1 de decembro
  20. O 22 de novembro, reunión aberta a todas as entidades que se opoñen ás actuacións municipais no proxecto da Praza da porta Nova [Praza de España]
  21. Convocatoria dunha reunión de todas as entidades veciñais, sociais e políticas, opostas á actuación municipal na Praza da Porta Nova [Praza de España]
  22. Nota da Xunta Coordenadora da PA21
  23. Na defensa dos espazos públicos non ao edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]
  24. Porta Nova espazo público
  25. Valoracións e Acordos da Reunión Extraordinaria Aberta da Xunta Coordenadora do 10 de Xullo

+++++++++++++++++++++++++++++++++

2 comentarios

A PLATAFORMA POLA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS, NON É ARTABRA 21, AÍNDA QUE ARTABRA 21 FORME PARTE DA MESMA.
SE CONSEGUIMOS QUE SE PARALICE A OBRA, O MÉRITO SERA DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS, DE ARTABRA 21, DE ROI XORDO, DOS 750 DENUNCIANTES, DOS SINDICATOS E DOS MILLEIROS DE CIDADÁNS QUE SE MOBILIZARON.
NON PERDADES A PRESPECTIVA

Estimada companheira ou companheiro Anónimo:

Nom creio que leras bem, cos olhos de mirar e de entender, a nova que publicamos mais acima no nosso Blog, pois nunca nos arrogamos nada que nom seja nosso e menos esta luita cidadán que somos @s primeir@s e intentar compartir. nom necessitamos negum protagonismo extra, nem o queremos. A Plataforma Ártabra 21, está formada por 16 entidades, umha soma de vontades e esforços, com objectivos claros de incetivar a participaçom cidadám, a defensa dos espaços públicos, ... entre muitos outros.

Mesmo nesta nova do nosso Blog na que fás este comentário vem recolhido com precissom qual é a nossa vontade e reconhecemento, numha luita que por suposto ainda nom rematou; e com umhas eleiçons municipais á volta da esquina que pode passar de todo.

Está é, a que passamos a transcrever mais abaixo, a parte da nova onde fazemos esse reconhecemento:

"Este requerimento do servizo da Consellería de Política Territorial, ..., ven confirmar as demandas do movimento social ferrolán constituído en Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España], da Federación Veciñal Roi Xordo, da veciñanza opositora en xeral e da nosa Plataforma Ártabra 21 que en todo momento quixemos deixar patente a oposición á construción do edificio, por ser innecesario, por ocupar un espazo público cualificado como sistema xeral viario e por ser ilegal."

Saúde !

Inácio

Redactor e desenvolvedor do Blog da PA21


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon