De: sanfernanadorecimil
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de febreiro de 2007 11:41
Asunto: Comentarios ás declaracións do concelleiro e portavoz do PP en Ferrol, Sr. Vilariño
¡Hola amigos ártabros!
Gustaríame que lle botásedes unha ollada a esta noticia que vos comento.
Na páxina 3 do día 2 de xaneiro, D. de Ferrol publicaba unhas declaracións do voceiro municipal do PP, Sr. Vilariño, arremetendo contra Roi Xordo. Se lemos entre líñas, a rabieta de Vilariño non ten desperdicio. Algunhas das conclusións que se poden tirar do asunto, son as seguintes:
Vilariño cuestiona a representatividade de Roi Xordo, pero o PP aproveitou esa representatividade cando os apoiaban nos casos de Recimil e Sartaña.
Trata de provocar ós da Federación para inducilos a presentarse ás eleccións dicindo que ese é o mellor xeito de demostrar a súa representatividade, pero sabe moi ben, que os votos que acadara Roi Xordo, non sairían da “parroquia” do PP. A xogada está clara: divide e vencerás.
Quéixase o rapaz de que, “este colectivo”, dun tempo a esta parte, dedícase a facer política, no canto de representar os intereses dos veciños de cada un dos barrios da cidade. Segundo o Sr. Vilariño, representar esos intereses non é facer política. El entende por facer política todo o contrario, é dicir, amolar, asoballar e arruinar ós veciños e a cidade.
Dice tamén Vilariño, que Roi Xordo está desempeñando unha acción política encuberta, dirixida por determinados grupos que conforman a oposición municipal. Esquece dicir, que antes esa política non era encuberta, senón que era claramente favorable ás súas intencións.
Ademais, acusa á Federación, de traballar ó servicio de determinados partidos políticos, fomentando a confrontación veciñal e a crispación social. É a táctica do que está “pringado”: chámallo antes de que cho chame.
Hai aínda algo máis significativo. Utiliza o vello sistema de descalificar e desprestixiar, definindo ós dirixentes de Roi Xordo, como "profesionales de la protesta, especializados en la creación de plataformas en las que siempre están los mismos". Vése claramente hacia donde apunta o Sr. Vilariño. Hai cuarenta anos, os sinalados deste xeito poderían ter graves problemas.
O remate tamén ten o seu AQUEL: sinala que as asociacións veciñais representan de forma moi digna e moi respetable o sentir e as reivindicacións dos veciños. O sentir e as reivindicacións ás que eles non fan nin puñetero caso. Pero había que dicilo, non sexa que as asociacións veciñais se cabreen...
En fin, que o Sr. Vilariño ten a cara como o cemento, pero políticamente da a impresión de que lle falta unha fervedura.
Para min, o que queda máis claro de todo é que parece que lles estamos facendo “pupa”. E coido que eso debería ser un estímulo para nós.
Saúdos.
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
luns, febreiro 05, 2007
Comentarios ás declaracións do concelleiro e portavoz do PP en Ferrol, Sr. Vilariño
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan luns, febreiro 05, 2007
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon