luns, febreiro 05, 2007

Convocatoria dunha reunión para o xoves, día 8 de febreiro, ás 7 da tarde no local social da A.V. de Esteiro "Fontelonga"

Tags

De:Convocantes en defensa dos espazos públicos
-defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
Para: artabra212gmail.com
Data: 4 de febreiro de 2007 23:15
Asunto: Convocatoria dunha reunión para o xoves, día 8 de febreiro, ás 7 da tarde no local social da A.V. de Esteiro "Fontelonga"

Olá a todos/as .- Por acordo da pasada Reunion , quedamos CONVOCADOS para o vindeiro xoves-8, ás 7 horas da tarde no local da Asociación Veciñal de FONTELONGA.

ORDE DO DÍA.

- Faremos unha revision e analise dos acordos vixentes na actualidade,

- Actualización das contas.

- Analise dos ultimos PLENOS .-

1 - Pleno de fin de mes, Praza de Porta Nova/ Praza de España.
2 - Pleno de Sartaña.

- Actitude actual do goberno local, respecto ao Edificio da Praza.

- Novas PROPOSTAS e ACORDOS.

Saúdos.

Ferrol a 5 de Febreiro de 2007

Entidades e organizacions CONVOCANTES.

--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
CIG-Ferrol,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol.
USTG-Ferrol

1 comentarios so far

Penso que a reuniom de convocantes é para tratar sobre o assunto da Praça da Porta Nova, polo que nom creio que devamos introduzir um assunto novo, que nom foi acordado com atelaçom. O assunto de Sartanha leva-mo-lo desde a PA21. Outra cousa é que o próprio "Colectivo Veciñal para a defensa da Praza Pública de Sartaña" que queira formular algo ao respecto, que está no su direito.

O que se temos que tratar é a documentaçom que recibeu a F. V. de Ferrol "Roi Xordo", do "Servizo de Urbanismo e Inspección Teritorial da Coruña"; as conseqüências da difusom deste escrito e posteriores reacçons.

Também temos que tratar o assunto do seguimento das obras, o assunto das diferentes reunions que temos pendentes coa administraçom autonómica e preparar, se é o caso, possiveis mobilizaçons.

Saúde !

Inácio


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon