De: Comité Cidadan -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de febreiro de 2007 01:39
Asunto: Comentarios e reaccións sobre a Conta bancaria e gastos urxentes de informes periciales
Onte mércores comunicouse por email a apertura dunha conta bancaria para recoller donaciones e os motivos polos cales tomouse dita inicativa.
Na Asemblea Cidadá celebrada na tarde de onte comunicouse esta iniciativa
En devandita Asemblea Cidadá informouse que xa se habian recibido o ingreso de varias donaciones que sumaban a cifra de 135 euros, cunha comunicación por email doutros 100 euros mais que ían ingresar hoxe, todos eles de persoas a titulo individual. Tamén informouse que dos tres peritos designados en primeiro lugar polo Tribunal, só un deles, o Enxeñeiro Químico, aceptara facer o informe e que puxera un custo de 1.900 euros, o cal comunicounos o Tribunal con prazo ata o luns para ingresar ese custo nunha conta do Tribunal. Así mesmo informouse que renunciaran os dous primeiros designados na clase de Capitan de Mariña Mercante e de Arquitecto, estando á espera de que os designados como en segundo posto respondan se aceptan. Abofé, que ditos informes periciales son moi importantes xa que serán aceptados polo Tribunal deste contencioso e tamén tendrán o mesmo efecto noutros contenciosos a trámite que están atrasados.
Por email recibíronse comunicacións de persoas e Asociacións integradas na Asambles Cidadá que xa realizaron ingresos nesa conta.
Hoxe xoves existen sete movementos de ingreso, que suman 445 euros, con cifras de 50, 100, 100, 50, 15, 30, 100, euros que parecen de persoas a título individual. Por un email recibido ás 17,02 comunica o ingreso de 100 euros por unha asociación que parece realizar unha transferencia telemática, sen poder-se saber se é un dos ingresos onde consta a palabra "transferencia" en concepto ou se esa cifra aparecera mañá no ingreso.
Tamén nun email recibiuse a seguinte suxestión:
"Ola. Suxíroche que botes contas e dígasnos algo asi como "se todos os que recibimos estas comunicacións ingresamos X euros, chegásenos para poder pagar os peritos". Asi saberemos a que aternos e teremos unha referencia de que cantidade se espera que ingresemos."
Unha suxestión similar foi presentada onte na Asemblea Cidadá, barajandose cifras orientativas duns 100 a 200 euros por asociacion e de 10 a 30 euros por persoa a titulo individual para cubrir unha cifra proxima aos 6.000 euros que se estima que custasen os tres informes periciales, no caso de que os dous que faltan por coñecer o seu importe fose igual ao do Enxeñeiro Quimico xa coñecido de 1.900 euros. Falamos xa con devandito enxeñeiro químico para que nos rebaixase o custo tendo en conta que somos asociacións sen ánimo de lucro traballando por un interés xeral, Aínda non deu a súa resposta que esperamos para este venres, pois o luns próximo é o último día de prazo para ingresar o seu custo na conta que nos comunicou a sala segunda do TSXG.
Pero algunhas asociacións e persoas xa aportaron nos últimos dous meses, p.e. Federación Roi Xordo que aportou 200 euros para gastos dun procurador, algunhas persoas que aportaron diversas cantidades neste mes de xaneiro tamén para un procurador. Así pois queda a xuízo destas persoas ou Asociacións decidir se poden aportar máis nestes momentos.
Para todos pode servir como referencia as cifras que se estan ingresando e as cifras que a modo orientativo baralláronse onte na Asambles Cidadá. No caso de que os peritos finalmente nos poñan custos inferiores aos estimados, existen débedas que debemos abonar e outros gastos tamén pendentes tal e como se di na nota achega.
Nos sete movementos de ingresos que se realizaron, a mayoria pon en concepto o nome de quen o fai, e iso parece mellor xa que se lle pode recordar a quen non ingrese.
Se alguén non quere deixar no banco constancia do seu nome no apartado concepto, pode comunicalo a leste e-mail comitecidadan@iespana.es
Mañá confirmarei na sucursal do banco se se poden facer transfeencias telemáticas cos datos que se están facilitando de número de conta.
Saúdos Cordiais
Carmelo Teixeiro
Coordinador do CCE
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Planta de Gas: fóra da Ría
Comité Cidadán de Emerxencia: Comentarios e reaccións sobre a Conta bancaria e gastos urxentes de informes periciales
venres, febreiro 16, 2007
Comité Cidadán de Emerxencia: Comentarios e reaccións sobre a Conta bancaria e gastos urxentes de informes periciales
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan venres, febreiro 16, 2007
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon