Da Rede LItoral Vivo recibeuse este email, que se comunica a todos cantos teñan preocupacion por estos asuntos e poidan ter a oportunidade de asistir o sabado a Concentración convocada en Cangas
Confírmase a concentración convocada para o sábado 17, AS 17 HORAS, na Alameda Vella de Cangas.
As asociacións compoñentes do Foro Social de Cangas convocan unha concentración o próximo sábado 17 de febreiro as 17 horas.
O motivo é expresar o rechazo a unha actuación xudicial de dúas velocidades: rápida contra os veciños e veciñas de Cangas acusados de delito de coaccións por paralizar as obras do porto deportivo, incluíndo a ameaza dunha actuación policial contundente, e lenta para todos os expedientes xudiciais e administrativos abertos contra os promotores do porto e a Autoridade Portuaria de Vigo, tendo como exemplos o prolongamento no tempo de mais de un ano da petición de paralización cautelar, a ralentización do expediente aberto pola Fiscalía de Medio Ambiente por indicios de delito contra a ordenación do territorio, falsidade documental e prevaricación (entre outros), ou a falla de resposta de Costas á petición de apertura de expediente de deslinde que clarifique o rexistro como propiedade privada dunha finca de dominio público marítimo terrestre.
Estanse a realizar contactos con asociacións interesadas na defensa do medio ambiente do ámbito galego para que se sumen a concentración e expresar xuntos o rechazo a un urbanismo destrutor que se atreve a saltarse as leis e presiona a xustiza, forzas do orden e medios de comunicación para conseguir os seus obxectivos.
FORO SOCIAL DE CANGAS
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Cangas
Rede Litoral Vivo
Rede Litoral Vivo: Confírmase a concentración convocada para o sábado 17 de febreiro, ás 17 hrs, na Alameda Vella de Cangas
venres, febreiro 16, 2007
Rede Litoral Vivo: Confírmase a concentración convocada para o sábado 17 de febreiro, ás 17 hrs, na Alameda Vella de Cangas
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan venres, febreiro 16, 2007
Artigos relacionados
- Presentamos unha reportaxe de máis de vinte minutos con numerosas entrevistas a acrivista
- De: mareavermella@egrupos.net http://www.egrupos.net/grupo/mareavermellaPara: artabra21@
- De: To G.C. -to@obradoiro.biz-, mareavermella@egrupos.netPara: artabra21@gmail.comData: 1
- De: Choiva Ázeda Para: artabra21@gmail.comData: 19 de marzo de 2007 11:02Asunto: Choiva A
- Antidisturbios en Massó Nova xornada kafkiana no Salgueirón. A presenza de antidistur
- FOTO: Cris Tobío, tirada do xornal Galicia-HoxeNoticia tirada da web de Verdegaiahttp://w
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon