martes, febreiro 13, 2007

O Concelleiro Delegado de Urbanismo, Guillermo Evia, realiza paseos matutinos pola Praza da Porta Nova

Poxecto que está executando Abeconsa - Imaxen tirada do Diario de Ferrol

O Concelleiro Delegado de Urbanismo, Guillermo Evia, realiza paseos matutinos pola Praza da Porta Nova, despachando co Xefe de Obra, e entre despacho e despacho fai declaracións de prensa intentando de novo confundir á cidadanía [13.02.2007].

Hoxe, en declaracións a unha cadena de TV, se lle deu por dicir que as empresas subministradoras non queren seguir facilitando os materiais pola alarma que se crío a raíz da incertedume respecto a se as obras van continuar ou non, votando-lle a culpa de todo "guiso" a quen denuncia as irregularidades urbanísticas, a quen denuncia os intentos de usurpación dos espazos públicos para beneficios privados, a quen denuncia a construción dun macro-edificio innecesario que baixo a fachada de sistema ocupacional público, escónde-se a cesión dun espazo público a unha empresa privada, para que o explote a súa conveniencia, con ánimo de lucro, sen un uso definido, mas coa pretensión de facer un centro comercial, de servizos administrativos privados e de lecer.

Sr Evia, non pretenda confundir á cidadanía, pois unha cousa é urbanizar a Praza, con máis que discutíbel gosto estético, que niso non entramos, e outra moi distinta é a construción do macro-edificio ou mesmo as dúas cafeterías que tamén están en cuestión.

Urbanicen a Praza dunha vez, e deixen-se de edificios en superficie para usos e beneficios privados, que precisamente é iso o que cuestionamos.


______

Achegamos os enlaces con noticias de hoxe que publica La Voz de Galicia, con declaracións de onte do Sr. Evia.

O Concello asume xa outro atraso nas obras da praza de España.
Urbanismo descarta que as tarefas poidan estar concluídas durante o próximo mes.
As xestións para a recalificación do chan do recinto.
O goberno local aspira agora a que os traballos se acaben antes das municipais.
O Concello pide máis datos a Abeconsa para darlle unha prórroga de seis meses.


Á espera do informe da Xunta sobre a construción do edificio central.
O responsable de Urbanismo tamén sinalou onte que o Concello de Ferrol continúa sen ter unha resposta oficial por parte da Xunta en relación á necesaria modificación puntual da achaiadura na praza de España para a construción do edificio central de 21 metros de altura.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon