Noticia tirada da web de Verdegaia http://www.verdegaia.org/ Constituiuse a Rede Litoral Vivo | | | |
Sábado, 10 de Febreiro do 2007 | ||
Integrada por Anduxía, Bouzas Móvete, Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Foro Social de Cangas, Colectivo Fusquenlla de Pontedeume, Plataforma Ártabra 21, Plataforma contra o Viaduto e a Variante de Outes, Plataforma pola Defensa das Illas Cíes, Salvemos Monteferro, Asociación O Carballal, ADEGA , Amigos da Terra, Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR), Colectivo Ecoloxista do Salnés, Federación Ecoloxista Galega (FEG), Greenpeace, Luita Verde e Verdegaia; constituíuse esta mañá en Compostela a Rede Litoral Vivo. A costa galega, particularmente as rías, conta cunha riqueza paisaxística, biolóxica e etnográfica única e fai parte imprescindíbel da nosa identidade cultural, das nosas referencias emocionais e do noso futuro colectivo. Porén, esta singularidade non ten sido salvagardada polas administracións nin respectada dende o ámbito privado. O desenvolvemento urbanístico e industrial descontrolado, unhas inexistentes políticas de ordenación do territorio e un errado concepto do "progreso" tradúcese na destrución de grandes partes do noso litoral, proceso acelerado nos últimos anos e sen perspectivas de frearse, o que pode supoñer, se non se pon couto, a marea gris definitiva que remate de asolagar a nosa costa. Este proceso supón unha enorme perda cultural, ambiental e económica que a miopía xeralizada que padecemos obvia, cometendo os mesmos erros que noutras zonas do estado e facilitando a perda de biodiversidade, de calidade de vida e a rendibilidade socieconómica da nosa costa. Perante esta situación, estes colectivos deciden constituír a REDE LITORAL VIVO coa finalidade de:
No seu Manifesto "Por un Litoral Vivo" estes colectivos demandan que a sustentabilidade sexa a guía que marque as actuacións no litoral, unha serie de medidas lexislativas que garantan dita sustentabilidade, e transparencia, participación social e responsabilidade na xestión das distintas administración. Como medidas de emerxencia inmediatas esixen a Prohibición dos desenvolvementos urbanísticos e industriais naqueles lugares onde non estean garantidos a depuración completa de augas residuais, o subministro enerxético e de auga ou que a sua construcion provoque un impacto ambiental ou paisaxístico negativo; e a posta en marcha inmediata dunha moratoria que deteña as agresións no espazo marítimo-litoral permitindo unha Planificación Integral dos Usos do litoral no que se recollan todos os aspectos derivados da ocupación humana, do uso do medio mariño e dos seus recursos así como a previsión sustentábel da ocupación do mesmo. Máis información en www.redelitoralvivo.info A noticia en El Correo Gallego |
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon