xoves, febreiro 22, 2007

Presentación do libro: "Issac Díaz Pardo. Homenaxe Galega", Editado por Fuco Buxán, A.C. e Compilación de: Rosa Méndez Fonte

De: fucobuxan asociacion cultural -fucobuxan.ac@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de febreiro de 2007 17:27
Asunto: Hoxe, Martes, 20 Febreiro, ás 12 horas, na Galería Sargadelos de Ferrol, tivo lugar a presentación, ante os Medios de Comunicación, do libro:"I.DÍAZ PARDO. HOMENAXE GALEGA", Editado por Fuco Buxán, A.C. Compilación de: Rosa Méndez Fonte.


APRESENTACIÓN DO LIBRO "I. DÍAZ PARDO. HOMENAXE GALEGA"

Hoxe, Martes, 20 Febreiro, ás 12 horas, na Galería Sargadelos de Ferrol, tivo lugar a presentación, ante os Medios de Comunicación, do libro:"I.DÍAZ PARDO. HOMENAXE GALEGA",Editado por Fuco Buxán, A.C. Compilación de: Rosa Méndez Fonte.

O principal obxectivo desta obra, editada pola nosa Asociación, é profundizar no coñecemento da traxectoria de Isaac nas súas múltiples vertentes: artista, industrial, escritor e galeguista comprometido con Galicia e a súa cultura dende os seus tempos de adolescencia.

Consta de 260 páxinas e cerca de 100 ilustracións e fotografías relativas a Isaac e a súa obra, e recolle as intervencións dos participantes nas Mesas Redondas, do 9 e 23 deste mes, na Fundación Caixa Galicia: Camilo Díaz, Manuel Aznar, Xosé Neira Vilas, Euloxio Ruibal, Fernando Salgado, Fermín Bouza e Andrés Varela;

As composicións que recitarán, o 2 de Marzo, no Acto do Teatro Jofre, os poetas: Eva Veiga, Xosé Leira, Jose Viale Moutinho e Rosa Méndez

Está prologado por Fuco Buxán, Conselleira de Cultura e Deportes e Presidente da Xunta de Galicia.

A presentación oficial terá lugar na Cea-Homenaxe que se celebrará ó remate do Acto Central, o 2 de Marzo, entregándose un exemplar, como agasallo, a cadaún dos asistentes.

Asemade, na presentación a prensa, fíxose distribución do libro ós xornalistas presentes.

A fin de acadar unha difusión o máis amplia posible, da personalidade e obra do homenaxeado, unha boa parte da edición irá destinada a Bibliotecas, Asociacións e Entidades onde poda estar a disposición de tódalas persoas interesadas.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

fuco buxán Asociación Cultural

--
fuco buxán, a.c . telfº 981325492
Aptdo.Correos 240 15400 FERROL
fucobuxan@yahoo.es
www.fucobuxan.com


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon