mércores, febreiro 21, 2007

A urbanización de Menáncaro incumpre a Lei do Solo de Galiza

De: BNG FERROLTERRA -ferrol@bng-galiza.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de febreiro de 2007 17:10
Asunto: A urbanización de Menáncaro incumpre a Lei do Solo de Galiza


O BNG afirma que a urbanización de Menáncaro incumpre a Lei do Solo de Galiza

O Consello Local do BNG quer manifestar unha vez máis o seu total rexeitamento a iniciativa para a construcción de chalets de luxo e un Hotel na centenaria Fraga de Menáncaro por ser este un proxecto traerá aparellado a destrucción deste enclave natural.

Para o BNG a pretensión do Goberno Local de continuar coa tramitación deste proxecto aplicandolle ao mesmo o silencio administrativo non é posíbel posto que o mesmo incumpre a Lei do Solo de Galiza como acreditan os informes contrarios emitidos pola Conselleria de Medio Ambiente e pola Consellería de Política Territorial. Asi mesmo, cumpre salientar que este último informe, o da Dirección Xeral de Urbanismo, datado en decembro de 2006 é para este proxecto preceptivo e vinculante tal e como recolle o artigo 86.1.d da Lei do Solo.

Temos que lembrarlle ao Goberno Municipal de Ferrol que para poder aplicar o silencio administrativo a este proxecto este non pode conter determinacións contrarias à Lei, aos planos de superior xerarquia ou às directrices de ordenación do territorio de Galiza, como estabelece o artigo 90.3 da Lei do Solo. O Plano de sectorización incumpre a Lei deixou manifestamente claro a Dirección Xeral de Urbanismo.

O BNG exíxelle ao alcalde da cidade Juan Juncal a máxima transparencia neste proxecto xa que o mesmo favorece de forma directa ao primeiro Tenente de Alcalde do goberno local propietario de cerca do 75% dos terreos nos que se pretende edificar esta urbanización e que lle pode reportar ao mencionado edil pingües beneficios económicos.

Para o BNG a atitude do Goberno que preside Juan Juncal é incoerente non se pode promover a inclusión da Fraga de Menáncaro no catálogo de árbores Senlleiras de Galiza e ao mesmo tempo promover unha urbanización que vai destruir esta carballeira.

Ferrol a 20 de febreiro de 2006
Bloque Nacionalista Galego; Consello Local de Ferrol

_________________________________
Enlace co Blog da Comunidade Menáncaro
http://menancaro.blogspot.com


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon