De: CARLOS OUTEIRO BAAMONDE -couteiro@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 22 de Marzo de 2007 09:34
Asunto: Celebración do día da árbore e acto sobtre as piscifactorías a debate
Compre facermos un esforzo para garantir un grupo de persoas que nos permita facer o acto un pouco "lucido"
Lembrade a charla de hoxe sobre as piscifactorías (Sargadelos ás 8 do serán)
Prégase rebotedes esta información.
Un saúdo, Carlos Outeiro.
Delegación ADEGA-Trasancos
Celebración do día da árbore ACTO PÚBLICO pola conservación dos nosos ríos
En celebración do día da árbore, a nosa Delegación comprácese en convidala/o a asistir mañá venres 23 de marzo, ás 6 do serán, a unha plantación de ameneiros á beira do río Cádavo, nas inmediacións do Mercado Fenés, detrás do supermercado Eroski (Avda. do Tarrío). Desde eiquí queremos facer un chamamento á participación de todas aquelas persoas interesadas en participar na mellora ambiental da nosa comarca.
Entre os múltiples lugares da nosa comarca onde podiamos realizar este acto consideramos apropriado este por axudarnos a visualizar o carácter reivindicativo que lle queremos imprimir. O estado actual dos nosos bosques de ribeira pode ser mellorado con pequenas e económicas actuacións que nos devolverán multiplicado por 100 o esforzo realizado. Os beneficios asociados a estos entornos pasan por serviren de refuxio a innumerábeis aves, invertebrados e mamíferos, por facer de filtro á contaminación que a miudo temos asociada ás zonas de cultivos, como regulador das condicións térmicas e de luz do río ou, por exemplo, a protección dos taludes das marxes do río. É a nosa actuación un primeiro paso para recuperar este entorno degradado.
Entre as múltiples especies arboreas que conforman a vexetación autóctona da nosa comarca eleximos o ameneiro en consideración aos nosos vellos, os que tanto nos poden aprender sobre unha relación máis sustentábel co noso entorno. Foron os nosos vellos os que nos dixeron cal era a mellor especie cando lle puxeron o nome a esa zona: O ameneiral.
Para realizar a plantación e poder respostar a dúbidas sobre a materia contaremos con Antón Muñiz, especialista no tema e membro da Directiva da nosa Delegación.
Afectuosos saúdos,
Ferrol, a 21 de marzo do 2007
Carlos Outeiro Baamonde Vice-secretario Adega-Trasancos Para máis información: Carlos Outeiro Tlf - 690.30 72 45
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Pza Camilo Díaz Valiño, 2º A 15704 Santiago de Compostela
Correo electrónico: adega@adega.info
Páxina electrónica: www.adega.info
Tfnos: 981.570099 /619 808662
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Actos Externos
ADEGA
Convocatorias
Medio Ambiente
Celebración do día da árbore e acto sobre as piscifactorías a debate
xoves, marzo 22, 2007
Celebración do día da árbore e acto sobre as piscifactorías a debate
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, marzo 22, 2007
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon