De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com-
Para: artabra21 -artabra21@gmail.com-
Data: 13 de marzo de 2007 19:06
Asunto: Próximas actvidades medioambientais na comarca de Ferrol: Mesa Redonda, Roteiro
Queridos/as compañeiros/as: Reenvío esta informacíón sobre próximas actividades medioambientais nas próximas datas, por se queredes asistir/participar, difundirlla entre os/as socios e /ou publicar na vosa páxina web.
Unha aperta e graciñas
Antonio Gª
Vogal Adega-Trasancos
Ferrol
Mesa redonda:
"DEREITO A UN MEDIO AMBIENTE SANO”
Poñentes: D. NES LÓPEZ.
Secretario de ADEGA-FERROL
D. ANTONIO GÓMEZ.
Directivo da Sociedade Galega de Historia Natural.
Data: Venres, 16 de marzo, ás 20 horas.
Lugar: Salón de actos de Caixa Galicia, Pontedeume.
-Coordina : Suso L. Piñeiro
____________________
ROTEIRO POLO EUME
Este domingo 18 marzo ás 9 h. con saída do Centro Cívico de Caranza (fronte ao mercado) en Ferrol e chegada prevista ás 15 h, realizaremos un roteiro polo Parque Natural Fragas do Eume.
A súa inclusión dentro da proposta galega para a Rede Natura 2000 motívanos a facer un especial esforzo en dar a coñecer un dos enclaves da nosa comarca con meirande valor natural ao ser un dos últimos bosques atlánticos relícteos da era terciaria. O seu coñecemento e posta en valor son pezas fundamentais para a súa xusta valoración social.
O percorrido principiará na caseta de información do Eume ás 9.30 h para atravesar os 60 m de lonxitude da ponte colgante, onde arranca un sendeiro que discurre 8 km á beira do río cara ao nacimento para chegarmos ao Mosteiro de Caaveiro onde disporemos dunha visita guiada.
Dirixirémonos ao Museu Etnográfico d´A Capela visitando no camiño uns muiños tradicionais restaurados.
Anotarse en:
690 30 72 45 (Carlos) couteiro@hotmail.com
606 11 98 46 (Suso)
Saída en autobús:
Prezo: socios – 2 euros
Non socios – 3 euros
____________________________
Tamén está pdte para as próximas datas: .
-Día 20.3: inauguración exposición de Xaquín Marín sobre o Prestige en Fene, na Casa da Cultura.
-Día 22.3: 20 hs; Mesa redonda en Sargadelos sober Piscifactorías (có intervención de ADEGA,SGHN ,etc)(pdte concretar programa definitivo)
-Día 24.3 ; 16 hs Xornada limpeza do litoral en Doniños, orgañiza Surfrider Foundation e colaboramos diversos colectivos.
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
ADEGA
Convocatorias
Medio Ambiente
Roteiros
De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com-
Para: artabra21 -artabra21@gmail.com-
Data: 13 de marzo de 2007 19:06
Asunto: Próximas actvidades medioambientais na
martes, marzo 13, 2007
De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com- Para: artabra21 -artabra21@gmail.com- Data: 13 de marzo de 2007 19:06 Asunto: Próximas actvidades medioambientais na
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, marzo 13, 2007
Artigos relacionados
- O vindeiro domingo día 3 de Outubro, está organizado un roteiro pola SGHN e outras entida
- A Coordinadora Eólica Así Non acada a adhesión de 217 entidades e plataformas galegas
- De:Marcha Mundial das Mulleres Coordenadora Local Ferrol-marchagaliza.ferrol@gmail.com-Pa
- Convocatoria Urxente: Xoves 28 de Agosto, ás 11 da mañá en San Caetano, Santiago de Compo
- MOBILÍZATE NA DEFENSA DAS MONTAÑAS FRONTE A INVASIÓN EÓLICAMáis de 170 entidades que conf
- Boletín informativo ambiental semanal - 10 de xuño de 2022 O pasado domingo, Galiza
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon