luns, marzo 26, 2007

Defenden que o centro de ocio proxectado para o parque público de Sartaña ten encaixe no proxecto de urbanización do polígono do Bertón

De: BNG -bng@ferrol-concello.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de marzo de 2007 12:44
Asunto: Defenden que o centro de ocio aprobado polo Goberno Municipal e que vai facer desaparecer o parque público de Sartaña ten, perfectamente, encaixe no proxecto de urbanización do polígono do Bertón


ADXUNTAMOS MOCIÓN REXISTRADA NO DÍA DE HOXE RELATIVA AO TRASLADO DO CENTRO DE OCIO E SAÚDE DE ULTRAMAR AO BERTÓN.


MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG RELATIVA A UBICAR O CENTRO DE DEPORTIVO DE ÓCIO E SAÚDE DE ULTRAMAR NO POLÍGONO DO BERTÓN

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Ferrol ao abeiro da lexislación vixente apresenta para o seu debate no Pleno da Corporación a seguinte MOCIÓN:

Exposición de Motivos

O pasado mes de febreiro a Consellería de Vivenda e Solo remitia ao Concello de Ferrol para a sua tramitación o Proxecto Sectorial e de Urbanización do Polígono do Bertón.

Este proxecto de urbanización prevé actuar sobre unha superfície de 138.000 metros cadrados que albergará 1200 vivendas protexidas. Trátase dunha das áreas de oportunidade máis significativa da cidade de Ferrol, por canto que esta vencellada á construcción dunha nova fachada urbana, un elemento limítrofe cos ensanches xa consolidados,- en particular co Barrio de Ultramar- e un elemento tamén de transición cos desenvolvementos industriais e de servizos do polígono da Gándara.

As características deste polígono estabelece as seguintes distribucións 29.500 m2 para solo residencial, 4300 m2 para uso terciario comercial e 18.000 m2 de solo dotacional entre as que destaca 7.000 m2 para usos deportivos.

O grupo municipal do BNG, defende que o centro de ocio aprobado polo Goberno Municipal e que vai facer desaparecer o parque público de Sartaña ten, perfectamente, encaixe no proxecto de urbanización do polígono do Bertón.

Nas alegacións apresentadas en agosto de 2005 o BNG plantexou que existen alternativas á ubicación prevista e valoraba outros posíbeis emprazamentos deste complexo no propio barrio ou na zona colindante do Bertón.

Consideramos que é agora, coincidindo coa tramitación municipal deste proxecto, cando se pode e debe aproveitar esta oportunidade para atopar un novo emprazamento ao Centro Deportivo de Ocio e Saúde do barrio de Ultramar dentro dos espazos destinados a equipamentos deportivos.

Por todo esto o grupo muncipal do BNG propón ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte ACORDO:

Instar ao Goberno Municipal a realizar as negociacións necesarias dirixidas a conseguir un acordo que permita que o Centro Deportivo de Ocio e Saúde aprobado polo Goberno Municipal para ubicar no parque público de Sartaña se emprace no proxecto de urbanización do polígono do Bertón


Ferrol a 23 de marzo de 2007


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon