De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de marzo de 2007 12:11
Asunto: Charla-coloquio sobre participación cidadá
ESQUERDA UNIDA-IU organiza unha charla-coloquio sobre participación cidadá
ESQUERDA UNIDA-IU organiza mañá, martes 27 de marzo, ás 20:00, no local do Real Coro TOXOS E FROLES, sito na rúa Magdalena,220, unha charla-coloquio sobre participación cidadá.
O acto público contará coas intervencións de Javier Galán, candidato número 2 da lista municipal de EU-IU ao concello de Ferrol, e máis de Rocío López Lozano, xefa do Departamento de Participación cidadá do concello de Córdoba.
ESQUERDA UNIDA-IU entende que resulta fundamental dar un pulo a cuestión da mellora e profundización de vida democrática. Todas os estudos constatan un alonxamento da cidadanía da vida política, e as formacións políticas non podemos restar indiferentes a tan preocupante realidade.
A nosa formación política naceu como resposta as insuficiencias que os partidos tradicionais teñen para encauzar os anceios de participación no goberno da cousa pública por parte da cidadanía. Nós somo un movemento político e social, que pretende alentar a comunicación e a participación de persoas e colectivos a traverso das áreas de elaboración colectivas, as cales son espazos da organización onde se debate e acordan as liñas e propostas programáticas por parte de afliad@s, mais tamén nos que participan aqueles que non forman parte orgánica da organización. As áreas son laboratorios onde se prepara o programa político do porvir, espazos onde se aprende e elabora un acordo programático, o noso compromiso racional coa cidadanía.
A crise da política está alentada pola ideoloxía neoliberal, empeñada en rebaixar e cegar a calidade da política como ferramenta de transformación radical da sociedade; a esquerda política e social temos que desenvolver novos instrumentos para a participación e o debate político sobre contidos e propostas concretas, os cales enxergándoos no horizonte de igualdade e liberdade. As áreas e a elaboración colectiva son as que fundan a proposta de programa que levamos as eleccións; non doutro xeito estamos a producir o noso programa electoral, dende o encontro e debate coa sociedade crítica organizada, e non da man de escuros gabinetes técnicos, que só sirven aos intereses do capital.
Estamos convencidos que o movemento veciñal, o feminismo, o ecoloxismo, a clase traballadora, a mocedade... necesitan de voltar o espazo da política, convocar razóns apaixoadas para cambiar o tempo da resignación e do acomodo coas lóxicas do capital ( Atento, Henkel, carestía da vivenda, precariedade, violencia de xénero, agresións como a planta de gas ou a praza de España, etcétera ), e achegármonos á respiración esperanzada que sabe da potencia transformadora que temos as e os traballadores cando razoamos e organizámonos en común.
ESQUERDA UNIDA-IU vai a facer da democracia participativa un eixo central da súa proposta política. O exemplo dos concellos onde gobernamos indica que é posible involucrar aos veciñ@s na cotidianeidade das decisións; non será tarefa fácil maís é posible a condición de ter a vontade política de acordar c@s veciños en que imos empregar os orzamentos municipais. A experiencia que arrancou en Porto Alegre xa está a ser aplicada en Córdoba, Cabezas de s. Juan, Sevilla... e pode selo en Ferrol, mañán imos dar outro paso para que sexa posible na nosa cidade.
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
luns, marzo 26, 2007
Charla-coloquio sobre participación cidadá
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan luns, marzo 26, 2007
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon