domingo, marzo 25, 2007

Máis de 1000 persoas na manifestación contra as taxas abusivas do saneamento en Narón


Muitas persoas acudiron á manifestación convocada pola Agrupación das Asociacións Veciñais da Zona Rural de Naron.

Este 25 de marzo de 2007, vai fazer historia no movimento veciñal de Naron, pois había moito tempo que non se realizaba unha manifestación tan importante e númerosa en Narón, contra a política abusiva do goberno municipal de Xoan Gato, promotor inmobiliario e agora tamém promotor político, no todo vale de Terra Galega. Cuxa ideoloxía mal chamada de centro galeguista, basease na simple xestión municipal con receitas neoliberais tanto no social como no económico, como na ordenación do territorio.

A manifestación transcurreu como estaba previsto desde as inmediacións do Asilo de Piñeiros até a Praza de Galiza, diante da casa do Concello, alí rematou coa lectura dun comunicado da Agrupación das Asociacións Veciñais convocantes.

Unha manifestación reivindicativa e con forza perotagonuizou a veciñanza de Narón, farta da impunidade coa que está gobernando o actual goberno con maioría absoluta e sen escoitar á veciñanza.

A veciñanza DENUNCIA:

  • O prezo abusivo das taxas de saneamento e auga.
  • A falta de proxecto e planificación, aínda sen presentar ásveciñas e veciños.
  • O mal estado das obras,mala calidade e improvisación.
  • A negativa daogoverno municipal a que a veciñanza se poida expresar nos plenos.
  • A prepotencia da alcaldía e resto de gobernantes, e a mala xestión do diñeiro público.
  • A negativa a que a cidadanía participemos nas decisións municipais.
A veciñanza formula un novo planeamento no asunto do saneamento e do enganche de auga potábel, así como unhas taxas xustas conforme ao que se está cobrando no resto dos concellos da Comarca. E, por decontado, demanda que os que gobernan na Casa do Concello, teñan en conta as opinións veciñais, ás súas organizacións e reivindicacións.

POR UN NARÓN DE FUTURO.
A UNIÓN FAI A FORZA E TODAS E TODOS PODEMOS CAMBIA-LO


__________

Enlace coa noticia no Diario de Ferrol

Enlace coa noticia en La Voz de Galicia

Enlace coa noticia en La Opinión de A Coruña
____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon