venres, marzo 09, 2007

Defenderán a creación dunha mesa pola reindustrialización

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de marzo de 2007 18:05
Asunto: Defenderán a creación dunha mesa pola reindustrialización


ESQUERDA UNIDA-IU VAI DEFENDER A CREACIÓN DUNHA MESA POLA REINDUSTRIALIZACIÓN. CHAMAMENTO A PARTICIPAR A TODOS OS SECTORES SOCIAIS DA COMARCA.

ESQUERDA UNIDA-IU quere denunciar as fórmulas de ramplón oportunismo electoralista que veñen de practicar tanto o BNG como o PP, que amosan nunha alianza co empresariado que sempre quiso privatizar e precarizar o emprego, a desconsideración con @s traballador@s, alianza de ocasión preñada de obscenidade para a base social de esquerdas e progresista desta bisbarra.

Se trata de non repetir unha política de devastación e privatización dun riquísimo tecido industrial e de coñecemento, que leva sufrindo os embates repetidos das políticas neoliberais, incapaces de sacar da crise ao sector.

Para ESQUERDA UNIDA-IU é indispensable desenvolver co maior acordo social – e non sementando enfrontamentos oportunistas – unha mesa reindustrializadora que comprometa alomenos unha serie de compromisos, que terán que contar cun calendario e cun orzamento e plan de acción pautado.

Defenderemos o desenvolvemento do plan industrial de Navantia, o cal terá como liñas senlleiras un forte investimento en investigación.desenrrolo, e innovación. Terá que detallar un desarrollo dunha carga de traballo real: E habrá de contar coa nova incorporación de man de obra moza, nunha acción coordinada destes factores.

EU-IU reclama un estudio independente que faga unha análise en profundidade do desarrollo comarcal. Non necesitamos literatura e sí unha esculca científica das nosas eivas e das nosas potencialidades.

Non podémonos esquecer da importancia de renegociar a limitación dun 20% de tope para a construcción civil. Carce de calquer atisbo de racionalidade técnica e económica esta cadea, mais cando pesa sobre unha zona en profundo declive económico e demográfico, propiciado - querémolo reiterar – pola aplicación brutal das máximas económicas e sociais do neoliberalismo. A nosa organización entende que as lóxicas unívocas requiren ser superadas por fórmulas que acollan a complexidade e a cooperación, e da implicación das adminsitracións públicas para darlle saída nunha clave social e progreisita a situación da nosa bisbarra.

O noso compromiso virá tamén pola vía de propiciar unha diversificación industrial, que só pode redundar en beneficio de tod@s.

Para ESQUERDA UNIDA-IU é indispensable defender un sector público que sexa ferramenta de cohesión social tamén no eido industrial. A industria segue a ser aínda hoxe unha garantía de creación de riqueza social.

Rematar pedindo a todos os sectores sociais da bisbarra unha actitude responsable e con miras non cortoplacistas, que permita reconstruir nesta cidade un renovado tecido industrial que nos cohesione no social e nos entregue como sociedade un futuro de maior justicia social.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon